dissabte, 30 de juny del 2012

A nosa Literatura vai por diante da nosa Historia (2012)

“A nosa literatura vai por diante da nosa historia”


Se iso quere dicir que hai voces que soan detrás da miña escrita, si. Iria é unha novela de ritmo e de música, que sobe e baixa como o mar. Non concibo a literatura sen ritmo...!

Segue a ser útil a literatura para a resistencia...?

A Literatura é un capital simbólico impagable asociado ao principal rasgo da nosa identidade como nación, a lingua. Quen é o noso pai da patria? Rosalía de Castro, unha muller, unha escritora. Cando temos que invocar no mundo quen somos acudimos a Rosalía ou a Castelao, non a Pardo Bazán. España a Cervantes, Portugal a Camões, os ingleses a Shakespeare. Nós a Rosalía.

A literatura, dixo Jameson, proporciona unha alegoría nacional. Non é historia, pero acompaña un proxecto político, e vai por diante....!

E por iso a épica....?

Agás poucos poetas, como Pondal, tendeuse a desposuír o suxeito político pobo galego do seu rasgo épico, pero é unha dimensión que non lle podemos furtar. Sei que vou a contracorrente, pero é a miña maneira de vivir este mundo, o mundo do mar, o obreiro, o labrego....!