dissabte, 2 de juny del 2012

Appeltaart:A torta holadesa máis típica.

-Appeltaart:: A torta holandesa máis típica-


Segundo me contan os meus amigos holandeses, unha das tortas máis socorrida nas casas holandesas é esta appeltaart ou torta de mazá, que leva uvas pasas e canela, como non, tratandose de repostería dos Países Baixos.É facilísisima de facer, así que se vos apetece sorprender a alguén ou vos vedes nun apuro, tomade estes datos e solucionaredes a cuestión.

Necesítanse estes ingredientes para unha torta mediana, aproximadamente 7 ou 8 porcións curiosas:
- 400 gr. de fariña de trigo.- 250 gr. de manteiga. 1 ovo.- 250 gr. de azúcre.- 4 ou 5 mazás "reineta"
- un puñado de uvas pasas.- Un sobre de levadura química.- canela en pó.- Un licor que nos guste (opcional)

Xeito de elaboración:

En primeiro lugar, poñemos as uvas a macerar no licor elixido. Se preferimos sen licor, saltamos este paso. A continuación, nunha cunca ampla, mesturamos a fariña coa manteiga, o ovo e a levadura. Cubrimos a base e os laterais do recipiente no que enfornaremos con esta pasta-masa, tendo cuidado de que ao retirala non se nos vaia pegar. Pelamos as mazás e cortamolas en xuliana. Enchemos o oco cos pedazos de mazá, as uvas pasas e un pouco de canela. Finalmente, desfacemos parte da masa para facerlle a boina á torta e cubrila pola parte de arriba.

Metemos no forno prequentado a 180º e cociñamos durante, aproximadamente, 45 min. Retiramos e deixamos enfriar antes de comezar a comela.

Disque en Holanda teñen acceso a unha fariña especial para este tipo de tortas. Como non tiñamos fixémola con fariña de repostería da que se vende nos supermercados de por aquí.

Quedou ben xeitosiña.
Appeltaart