dilluns, 17 de febrer del 2014
A Dputación Ourense reeditará a Primeira Gramàtica de Lingua galega.
Ourense A Deputación reeditará a primeira gramática da lingua galega, a de Juan Saco y Arce
1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas 0 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.
A Deputación de Ourense reivindicará este ano a figura do Padre Sarmiento con diferentes actividades, ao cumprirse o 250 aniversario do seu pasamento. E na liña de recuperar e poñer en valor aos intelectuais e creadores da provincia, o organismo tamén promoverá unha nova edición dunha das obras de referencia ineludibles en Galicia: a gramática galega elaborada polo ourensán Juan Antonio Saco y Arce, e editada no ano 1868 na Imprenta de Soto Freire, de Lugo.
A «Gramática gallega» de Saco y Arce está considerada a primeira gramática da lingua galega e segue a ser, a día de hoxe, unha das citas obrigadas cando se fala da historia da lingua galega. Juan Antonio Saco y Arce (Alongos, Toén 1835 - Ourense, 1881) foi escritor e lingüista. Formouse no seminario e cursou Filosofía e Letras, e Teoloxía, en Santiago de Compostela. Exerceu como catedrático de grego en Pontevedra, Ourense e Castelló. Saco y Arce foi tamén autor dun volume de poesías en castelán, con algunhas en galego, e de artigos en prensa.
divendres, 14 de febrer del 2014
A oferta os dous cursos Máster en Enxeñaria Química.
No curso 2013-14 ofertaránse os dous cursos do "Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos".
A oferta dos dous cursos permitirá aos posibles estudantes que teñan recoñecemento de contidos do Máster obter a titulación nun curso.
O recoñecemento de contidos solicitarase despois de facer a matrícula dos 60 ECTS do primeiro curso. Concedido o recoñecemento poderán matricularse dos créditos correspondentes ao segundo curso do Máster.
O Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos ten como obxectivo formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos. O obxectivo último é formar titulados na profesión de Enxeñeiro Químico, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos e en sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medioambiente. Considérase igualmente unha orientación investigadora dando acceso directo ao programa de doutorado en Enxeñaría Química e Ambiental da USC (con Mención "Cara á Excelencia"
diumenge, 9 de febrer del 2014
De quen é a Lingua galega...?
Esta é unha das frases estrela, das que alumea en neon, no discurso político dos que hoxe gobernan na maioría de institucións galegas.Eu gusto tanto como o señor presidente desa declaración anarquista, non posesiva, verbo da lingua. No fondo, somos dous libertarios, o presidente e mais eu.
*A lingua galega non pertence a ninguén! Un patrimonio sen cancelas, sen dono. Vai vadía polos camiños da terra, do mare, do mundo. O idioma galego é como o campo da festa, como as praias, como a auga dos ríos, como o autobús do Inserso, como o canto da cotovía. Como o vento que abanea o herbal. Como a luz do faro.
*Eu gusto, si. Mais logo teño un custodio contraditorio, anxo ou demouchiño, non sei, que me importuna na orella: “Pois se non é patrimonio de ninguén, o perigo é que ninguén se ocupe del. Olla as beirarrúas cheas de lixo, as praias con construcións ilegais, as caixas de aforros espoliadas... ¿E non será iso porque algúns pensen que a non ser propiedade privada pois non merece ningún respecto?”.
—Home, non pretenderá privatizar a lingua!
*Para exercer un dereito hai que ter a propiedade correspondente. Por exemplo, para exercer o dereito á libre expresión pública debes ser propietario, ou pagar o aluguer, dunha sala onde falar. Pois así, se deixaramos a Murray Rothbard, discípulo de Hayek, a política de normalización do galego, o que faría é vendelo, adxudicalo nunha poxa.
*E se cadra esta lingua vale moito máis do que algúns pensan. Nesta abellariza enxamearon as palabras que andan en bocas portuguesas, brasileiras, angolanas, timorenses... O Goberno debería falar co seu deputado Pedro Arias e que faga un Informe de rendibilidade neogaleguista.
dissabte, 1 de febrer del 2014
La lacerante realidade:o drama de paro empeza a superar-se (2014)
La realidade é a que é: 2013 péchase con 200.000 postos de traballo destruídos e Rajoy pecha a primeira parte da lexislatura cun millón de empregos perdidos. Se o benestar das persoas é a medida da eficacia da acción dun goberno, verde e con asas.
*Case 700.000 fogares carecen de calquera tipo de ingresos e 1,8 millóns teñen a todos os seus membros no paro. E esas son persoas con nomes e apelidos. Persoas a quen lles custa pór un prato de comida na mesa. Persoas para quen a calefacción é un luxo do pasado. Persoas para quen a recuperación pregoada é un sarcasmo ferinte.
*Lanzan as campás ao voo e tratan de convencernos de que a Reforma Laboral está a funcionar moi ben e que as cousas van mellor e que no cuarto trimestre do ano baixou o número de parados en 8.400 persoas. O dato é certo, a interpretación non. En primeiro lugar, porque a poboación activa, por primeira vez na nosa historia, está a baixar. Exactamente, desde hai dous anos.
*Xente que acudiu a España en época de bonanza e a que agora regresa ao seu país de orixe, si. Pero tamén xente, moita xente, nova, formada, con capacidade de crear, emprender e innovar e que aquí non pode facelo, pois se atopa pechadas as portas de acceso ao mercado laboral e ao crédito. As únicas portas que lles abriu a reforma laboral son as de saída de España. Afúndese o presente, foxe o futuro.
*Esa é a realidade do noso país: sen emprego, sen consumo, sen crédito. Iso si, con crecente restrición de dereitos e liberdades, con máis precariedade, máis austeridade e unha segunda volta de porca da reforma laboral en perspectiva tal e como recomenda Rehn e aplaude o Goberno.
Subscriure's a:
Missatges (Atom)
