dilluns, 17 de febrer del 2014

A Dputación Ourense reeditará a Primeira Gramàtica de Lingua galega.

Ourense A Deputación reeditará a primeira gramática da lingua galega, a de Juan Saco y Arce 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas 0 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor. A Deputación de Ourense reivindicará este ano a figura do Padre Sarmiento con diferentes actividades, ao cumprirse o 250 aniversario do seu pasamento. E na liña de recuperar e poñer en valor aos intelectuais e creadores da provincia, o organismo tamén promoverá unha nova edición dunha das obras de referencia ineludibles en Galicia: a gramática galega elaborada polo ourensán Juan Antonio Saco y Arce, e editada no ano 1868 na Imprenta de Soto Freire, de Lugo. A «Gramática gallega» de Saco y Arce está considerada a primeira gramática da lingua galega e segue a ser, a día de hoxe, unha das citas obrigadas cando se fala da historia da lingua galega. Juan Antonio Saco y Arce (Alongos, Toén 1835 - Ourense, 1881) foi escritor e lingüista. Formouse no seminario e cursou Filosofía e Letras, e Teoloxía, en Santiago de Compostela. Exerceu como catedrático de grego en Pontevedra, Ourense e Castelló. Saco y Arce foi tamén autor dun volume de poesías en castelán, con algunhas en galego, e de artigos en prensa.