dimecres, 28 de novembre del 2012

Non,o galego non está en poxa.

Non, o galego non está en poxa, mais semella ás veces, moitas, que segue a ser tratado como unha mercadoría de segunda man. Dende logo, polas administracións.

É imposíbel encontrar en Facenda en galego moitos dos impresos fiscais, malia existir a demanda. Nin sequera podes gozar dese masoquismo de declarar trabucos en galego! Vense de coñecer outro dato: o que recibe da Xunta cada ano a fundación Cela é 44 veces superior a todo o apoio para o labor, inxente, da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Mais tamén hai xente que privatiza a lingua non como unha propiedade senón como un problema. Esa xente que profesa nos foros ou que se pon a predicar na radio ou no medio do bar cunha pregunta por bandeira: “Pero, para que serve o galego?”. Hai mesmo un personaxe ben curioso, que adoita ser dos primeiros en espetar esta pregunta, e é o tipo que só fala galego e un pésimo castelán: “Pero, para que carallo serve o galego?”.

Que unha pregunta así a faga unha persoa que leva boa parte da vida valéndose desa lingua éche un misterio do Pentecoste. Home, ao mellor é un infeliz e bótalle a culpa á lingua. Mais as linguas son xenerosas. Queren a calquera boca. O único que ten que facer a boca é chamar por unha palabra, por unha frase, por unha taco, por unha canción, e aló van, contentes á boca, como dicía o Don Quixote: “Este libro é feliz pois vai buscarvos”.

Así que na vez de teimar no retrouso de que o galego “non é patrimonio de ninguén”, mellor sería dicir que é patrimonio da xente toda. De quen o emprega e de quen non. De quen o respecta, aínda que non o fale, e de que non respecta, aínda que o fale. A xente pode ter prexuízos. A lingua, non. Está aí, por se alguén a quere, e brinca aos labios nun santiamén, sen preguntar de que idea ou partido é a boca que se abre.

Mais cómpre lembrar que se o idioma está aí é porque hai bocas que terman del. Os patrimonios, públicos ou privados, esmorecen e extínguense se non hai quen teña conta deles. E o galego non só é un patrimonio da xente galega. A súa custodia é unha obriga que se ten coa humanidade.

O 17 de maio, en convocatoria de Queremos Galego, en Santiago, saíron á rúa miles de persoas. Encheron a Quintana. Dáse a cifra de vinte e cinco mil. En todo caso, moita xente. Neste tempo, e en día festivo soleado, aínda que sexa festa das Letras, xuntar tantas almas e moito xuntar. É a expresión dun desacougo fondo. Nin un só partido, nin unha asociación nin sindicato é quen hoxe dunha mobilización así se non hai sentimento forte detrás.

Un sentimento de perda. Porque non só perturban as perdas económicas, o déficit nas contas, os buracos nas finanzas. Se non somos quen de querer a lingua que aquí naceu, como imos soster o que as palabras nomean?.O Goberno só se preocupou de sinalar co dedo a afiliación dos denunciantes e ignorar unha vez máis a denuncia. Disque había nacionalistas, ecoloxistas, vexetarianos e mesmo algún otorrinolaringólogo.
—E que a lingua non é patrimonio de ninguén!
Non. De señor ninguén é só o silencio.

dimarts, 27 de novembre del 2012

O Movemento Agrario remove as vellas Estructures.

-Situación sociolingüística-

Características lingüísticas fundamentais:
Continúa a inquedanza pola elaboración dun estándar para o galego. Serán as Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos os que leven a iniciativa coa publicación, respectivamente, do Vocabulario castellano-gallego e Algunhas normas pra unificazón do idioma galego e posteriormente a Engádega a algunhas normas pra unificazón do idioma galego. Algunhas achegas significativas deste momento son a escolla do i latino fronte ao grego, as grafías ll e ñ a elección de x, o abandono do apóstrofo, a redución do uso do guión e o uso do h etimolóxico.

Ademais, apareceron nesta época varias gramáticas como a de Carré Alvarellos Compendio de gramática galega e a Gramática do idioma galego de Lugrís Freire.
Contexto histórico:
Fúndase a RAG no 1905.
O movemento agrario remove as vellas estruturas sociais da sociedade galega.

Fúndanse as Irmandades da Fala, un dos seus obxectivos fundamentais é a promoción da lingua galega e cooficialidade co castelán en Galiza.
Fúndanse revistas literarias; a nosa terra e Nós entre outras.

Créase o Seminario de Estudos Galegos.

Todos estes feitos conclúen coa fundación do Partido Galeguista no 1931, a representación parlamentaria que vai obtendo durante a II República e a elaboración e posterior aprobación en referéndum do Estatuto de Autonomía que non chegou a entrar en vigor polo golpe militar do ano 1936.

dissabte, 24 de novembre del 2012

Himno de Galícia,poema d'Eduardo Pondal

      


Himno Galego: 
         Comeza a selección de cantigas populares galegas co himno de Galicia 
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
-"Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán".
"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non".
"Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán

divendres, 23 de novembre del 2012

O futuro é posible a Galliza,segons Touriño (2012)

Un ateigado auditorio no Hotel Araguaney, en Santiago, recibiu este xoves entre aplausos a Emilio Pérez Touriño no acto de presentación do seu libro "O futuro é posible"

O expresidente chegou acompañado de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, editora da obra, e do politólogo Ramón Maiz. Na sala, chea, público variado, periodistas, históricos parlamentarios como Anxel Guerreiro e persoeiros como o expresidente Fernández Albor. Había socialistas e faltaban socialistas. De feito, non apareceron por alí os membros da cúpula actual, con ausencias notables como a do líder, Pachi Vázquez, ou Ricardo Varela, que foron conselleiros no Goberno de Touriño e que reciben ambos duras críticas no libro. 

Empezou a falar Freixanes, que de contado lle agradeceu a Touriño a iniciativa do libro, en palabras do director de Galaxia, unha reflexión e unha viaxe necesaria, poñer papel o tempo vivido para abrir o debate. Algo raro, dixo, que non é común neste “país de caladiños”.

Ramón Maiz achegouse á figura do expresidente socialista a través do proxecto, os principios e as perspectivas. Debuxouno cos trazos da democracia, a dignificación da vida parlamentaria, o impulso da igualdade, o ensino, a sanidade e todo o público; o compromiso desde o galeguismo e o federalismo coa reforma estatutaria; as políticas de xénero e de crecemento sustentable.

Tamén empezou con agradecementos o propio autor do libro. Emilio Pérez Touriño deulle as gracias a entidades e persoas e a Galaxia e a Freixanes por publicar a obra nun momento difícil. E clarexou, primeiro, os porqués do texto, que cualificou de "criatura". A primeira razón, dixo, é a maioría social que decidiu votar o proxecto nas eleccións de 2005 e tamén os que catro anos máis tarde, en 2009, apoiaron o Goberno de coalición. “Merecen unha explicación”, aseverou.

A segunda razón e o seu firme convencemento de que en Galicia é posible construír un proxecto alternativo, con vocación e opción de goberno, que asocie a socialdemocracia galeguista e o nacionalismo democrático. “É a tarefa á que temos que estar convocados”, porque “o cambio terá que vir da man do entendemento”.

Finalmente, criticou a política de austeridade que se segue na actualidade en Galicia, España e Europa, e apuntou que deberemos solucionar a crise desde Europa, recuperando a política.

dilluns, 19 de novembre del 2012

Mananciais de Galicia,unha terra callada de lendas.

A Galicia, unha terra callada de lendas, de literatura e ata de cancións populares dedicadas ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe.
Xa os romanos, que sabían ben o que facían, souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, mais tamén para divertirse e relaxarse. Por outra parte a xeografía galega está sementada daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós encontraban alivio.

Durante a época dourada do termalismo -de mediados do s. XIX a comezos do s. XX- os balnearios galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a flor e a crema da sociedade.

Desde hai un anos os balnearios viven un segundo renacer.

*Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así atraeron un público máis novo, que, ademais dos seus tradicionais fins terapéuticos, buscan uns días de acougo e coidados, aboando a idea de que non é preciso estar enfermo para ir a un balneario. Outros, de nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de ata catro e cinco estrelas

*Non obstante, máis que a cantidade de balnearios e talasos o máis salientable é a súa variedade, que permite que cada cliente atope, sen saír de Galicia, o que máis se axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: dende un modesto balneario tradicional no que mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza, dos deportes ao aire libre e, claro, da gastronomía local.



dissabte, 17 de novembre del 2012

Boa organización e por momentos grandes paixases e vistas o mar.

-Pois si, apeteciame correr na terra que veu nacer os meus pais, e alá fun-


Como estas datas son un pouco complicadas ,de reunions e outros temas, tiña que organizar un dia de campo con uns amigos, e que mellor lugar que a praia de Morouzos, alá fumos 11 persoas entre maiores e nenos.

A media maña estaba pasando co coche polas mesmas estradas que logo ibamos percorrer, comida campestre, visita a orilla da praia cos cativos, e logo sobre as 6 da tarde, movo toda a infraestructura de 3 coches para o porto de Ortigueira, me colgo o dorsal no peito, me xunto cun par de compañeiros que iban tamen correr, quentamos , e alá vamos as 19 horas en punto.

As mismas costas que en coche parecian suaves, tornanse bastante mais duras e longas. Logo, dende a rotonda da praia, a volta pola costa e mais levadeira no desnivel pero non no tema do vento que pega de frente con forza.

O final rematamos con un sabor moi agradable, auga e platanos, ademais dunha camiseta. Boa organización e por momentos grandes paixases e vistas o mar.

O unico PERO, a meu modo de ver, era o escaso publico no recorrido, pouco e ainda enriba soso, poucos ou ningun aplauso, nin gritos de animo.

O final no meu sensor de pe sairon 7. 550 kms.



divendres, 16 de novembre del 2012

O que teño por diante: papeis e cousas que falan de tot.

A carón do meu ordenador, un milleiro de papeis e cousas que falan de todo o que teño por diante. O ciclo de literatura galega do Tortoni que, este ano, vai de Ferrín. O disco de Graciela Pereira que ten moi boa pinta. A lista dos libros que o neno maior vai usar este ano no colexio. Detrás, a lista dos teléfonos aos que teño que chamar para facer varias entrevistas.


As nubes brancas no ceo verde é un tríptico dun faro precioso de Marie-Anne Foucart que, algunha vez, quen sabe cando, vai ser un cadriño fermoso. A palabra serviettes me lembra os deberiños que teño sen facer para a clase de francés dos xoves. E, ainda que non se ven, teño as instruccións para escribir no milagre ese que é Praza e cousiñas que facer para a AIEG. Darei feito? Tecido por torredebabel en 10:43 2 nós no fío

Antes de ter fillos, non me preguntaba moito polos nomes das persoas. Tiña unha historia familiar sobre a maneira na que cada quen rematou sendo José, Grisel ou Marilín e gustábame pensar que, máis ou menos, a cousa sería así en todas as familias.

O caso é que, cando tiven que escoller eu un nome -daquela para o meu primeiro fillo- din en cavilar sobre os motivos, as pulsións que operan neses momentos. E apunto o de motivos e o de pulsións porque, se cadra, nin todo é tan conciente, nin tan irreflexivo como semella.

Coñezo xente que escolle o nome de moda, o de algún persoeiro ou celebridade e mesmo o das personaxes das teleseries. Aquí na Arxentina, na década dos ´90 pasaron unha telenovela protagonizada por un neno que era criado polos indios: Catriel. O éxito da historia e a novidade do horario no que a daban (ás 21) fixo que o que daquela era un nome descoñecido de todo pasase a ser levado por centos e centos de nenos.

Dende entón, a xente semella que descubriu os nomes vencellados aos poboadores orixinarios do país e hai unha chea de Ailén, Eilén, Tayel, Sami, Newén, Kalén, ou Wayra. O casó é que adoitan ser Ailén Fernández, Tayel Goldstein ou Newén Abbruzzesi.Outro tanto pasa cos filmes de Hollywood: cheíño está dos Kevin, Brian ou Jennifer que, de novo, son Brian Rodríguez, Kevin Steinschneider ou Jennifer Levecchi.

As mesturas, en si mesmas, no teñen nada de malo. Digo eu. Mesmo falan da escencia deste país: o coñecido crisol de razas. O malo, dende o meu punto de vista, é levar un nome que non é quen de decir algo de nós e da nosa historia.

Nisto, dende logo, hai cores para todos os gustos. E por iso, precisamente, chegado o momento de nomear aos nosos fillos, o meu home e mais eu buscamos que fosen o mesmo eles, a súa historia, a súa orixe e o seu nome.




dijous, 15 de novembre del 2012

É unha pena que ainda teñamos xente contra o galego

É unha pena que ainda teñamos xente en Galicia que pense como a Marta López.
A min prodúceme vergoña ver este tipo de declaracións e por si fose pouco dí que os avós falan galego .

Polo que non só é unha falla de respeto ós galegos senón que tamén o é para a súa propia familia .Marta López unha coruñesa renegada á que lle deberían pagar ben en Madrid para que non volvese, pois aqui non necesitamos xente que pense así.

Dito queda…espero non verte máis por Galicia e ós que pensen igual que sepan que aquí neste fermoso lugar non obrigamos a ninguén a estar ou vivir aqui.- Xa sabedes onde queda Castilla… ahhh…..susana…..Complicado o terá para ligar e calquera cidade sendo como é.

Saúdos a tódolos galegos. Orgullo de ser Galego , Do Galego e do pulpo á feira



dimecres, 14 de novembre del 2012

A Saúde Mental i os equipos de continuidade


Saúde Mental

As necesidades relacionadas coa saúde mental aténdense a través de dispositivos específicos e programas que inclúen a todas as idades, desde os maiores -atención psicoxeriátrica- ata a poboación infantil.

As persoas que requiran atención especializada ambulatoria en saúde mental accederán aos servizos nun período inferior a 30 días; e, no caso da demanda preferente, antes dos 15 días.
As estruturas básicas de saúde mental están formadas por psiquiatras e psicólogos clínicos que apoian aos equipos de Atención Primaria e coordinan a atención do paciente nos distintos niveis asistenciais en saúde mental e os servizos xerais.
A atención urxente realízase en colaboración coa Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Puntos de Atención Continuada de Atención Primaria.O ámbito da saúde mental dispón de programas de prevención, asistencia, rehabilitación, formación e investigación. A oferta asistencial en saúde mental comprende as seguintes modalidades
Equipos de continuidade de coidados en todas as áreas sanitarias ofrecen un programa de alta intensidade de atención a domicilio para aqueles pacientes que o requiran.
Programa ambulatorio específico dirixido a persoas con diagnóstico de trastorno mental severo.
Programas residenciais e de rehabilitación e equipos de continuidade, dedicados a garantir que o paciente manteña o tratamento.
Cobertura das urxencias psiquiátricas hospitalarias as 24 horas ao día e durante todo o ano en todas as áreas, mediante protocolos especializados, o cal inclúe intervención en crise en medios extrahospitalarios, a domicilio en colaboración co 061 e hospitalaria.
Os servizos ofértanse a través de Centros de saúde mental para adultos, infantís e xuvenís, prazas extrahospitalarias (pisos protexidos, vivendas de transición, unidades residenciais, prazas residenciais, centros de rehabilitación e reinserción psicosocial y laboral), Hospitais de día de saúde mental, unidades de hospitalización (adultos, xeriátricas, infanto-xuvenís ,e servizos de urxencia, 061.
A atención da saúde metal realizase mediante equipos de psiquiatras, psicólogos clínicos e enfermeiras especializadas en saúde mental, coa participación do movemento asociativo e do voluntariado.

diumenge, 11 de novembre del 2012

A taxa de docents con cátedra na USC triplica súas compañeiras.

-Docentes con cátedra na USC triplica a das súas compañeiras-
*O 21% dos profesores acada o máximo nivel // Entre as mulleres só o consegue o 6,53% // Elas son maioría por debaixo dos 35 anos e minoría nos demais tramos de idade

*Hai xa máis dun cuarto de século que as mulleres son maioría nas aulas universitarias españolas. As mozas inician en maior proporción estudos superiores e acadan tamén maiores taxas de éxito, pero fan en menor medida teses de doutoramento.

*Pero a maior fenda dáse no máximo nivel académico: na Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 21% dos seus profesores chegan a ser catedráticos, unha proporción que cae ao 6,53% entre as profesoras, segundo recolle a actualización do diagnóstico de igualdade da USC, realizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da institución.

*Ou visto doutro xeito: mentres máis de 3 de cada 10 homes maiores de 51 anos (32,7%) ocupan unha cátedra, entre as mulleres da mesa idade só o conseguen o 14,46%.





Nova York i Cataluña (2012)

-Gerardo Fernández Albor,expresidente de la Xunta de Galliza-

*Sobre EEUU y Cataluña ya ha triunfado Barack Obama en las elecciones celebradas en EEUU el pasado martes día 6 de noviembre.
*Muchos pensábamos que esto sucedería, porque es muy difícil que un presidente que se presenta a la reelección pierda cuando aspira a su segundo mandato; y además, el huracán Sandy, que azotó Nueva York y otras zonas de los EEUU, evidentemente le ha favorecido en la etapa final de la campaña electoral (¡lo que son las cosas!).

*Lo que me ha sorprendido es la alegría de muchos en España creyendo que el triunfo de Barack Obama nos va a favorecer más que el de Mitt Romney. Pensar eso es ignorar que la política exterior de una gran potencia, como los EEUU, responde a sus intereses nacionales, no a las diferencias políticas de ambos contendientes.

*Dónde se han visto manifestaciones, ataques e insultos al contrario? A uno le gusta recordar la cena con el Arzobispo de Nueva York, los discursos del ganador y del perdedor, su patriotismo y sus palabras de unión y de fe en el futuro de su pueblo y en la continuidad de su sistema democrático.

*Y no este muy triste espectáculo que está dando Artur Mas diciendo por ahí cosas tan pintorescas como, "este proceso no lo podrá frenar nadie, ni tribunales, ni constituciones". Y que esto lo diga el representante (y que por eso además cobra) del Estado en la comunidad autónoma de Cataluña no es solamente pintoresco y triste para un demócrata...!!

Y que conste que, personalmente por mi viejo amor a Cataluña a la que tanto debo, me duele tener que decir estas palabras del presidente de ese gran pueblo.

Expresidente de la Xunta

dimecres, 7 de novembre del 2012

A Galiza Nova apoian os Països Catalans

-Os Països Catalans apoian a Galiza Nova e ao BNG diante do 21-Octubre.


Tanto as JERC como os Joves d'Esquerra Nacionalista-PSM veñen de facer público o seu apoio diante das eleccións galegas á candidatura do BNG. Ambas organizacións que manteñen desde hai anos unha estreita relación con Galiza Nova fan fincapé no apoio á militancia de Galiza Nova e do BNG.

 “Pedimos o voto para os compañeiros do BNG porqué cremos que unha Galiza mais xusta e máis libre é posíbel!”, segundo o comunicado das JEN-PSM, e “Unha vez máis, queremos transmitir o noso ánimo a tod@s os militantes tanto de Galiza Nova como do BNG na súa infatigábel loita contra o goberno de Núñez Feijóo

Reafirmamos a nosa silidariedade co pobo galego e seu lexítimo dereito á autodeterminación, así como na súa loita pola xustiza social e a radicalidade democrática, por todo isto, na Galiza, no comunicado das JERC.







Desde Galiza Nova queremos agradecer aos compañeir@s mallorquin@s e cataláns o seu apoio e solidariedade. Saben que son recíprocos e na mesma loita nos atoparemos.







Visca els Països Catalans!



dilluns, 5 de novembre del 2012

Braga considera a Galiza "un fragmento de Portugal" 2012

B raga considera a Galiza "um fragmento de Portugal, que ficou fóra do progresso de nacionalidade", e que, "apesar de todos os esforços da desmembração politica", "não dei xou de i nfl uir nas formas da sociedade e da l i tteratura portugueza

As povoações do Ale mtejo chamam gallegos a todos os moradores do Ribatejo, pela transmissão inconsciente de uma adição perdida. Isto bastará para explicar o assombro que deve causar aos conterraneos o vêre m a poesia moderna gallega occupando um logar devido ao lado da poesia portugueza, como uma das suas formas archaicas; seguimos o vigoroso criterio scientifico, deixando as preocupações vulgare s .

Pelo estudo da poesia gallega, é que se podem comprehender as formas do lyrismo portuguez; e a desmembração d'esse territorio, que ethnicamente nos pertence tem permanecido para nós extranho durante tantos seculos, é que prova a falta absoluta de plano na nossa vida politica. A verdadeira origem da
tradição lyrica da Galliza está ligada á sua constituição ethnica;

Para Teófi :o afastamento d a Galliza de Portugal provém do esquecimento da tradição nacional e da falta de plano politico e m todos os que nos tem governado. Em Portugal o espirito moderno penetra, mas ainda, é considerado como revolucionario.

Na Galliza o estudo da tradição começou j á.som todas estas i deias eram perfeitamente originais no ambi ente cultural da época; tinham antecedentes na hitoriografi a romántica galeguista.

dijous, 1 de novembre del 2012

A Audiència Nacional ordena ingresso...

-A Audiência Nacional ordena ingresso em prisom para Júlio-

Na manha do 1 de novembro o independentista detido esta semana em umha montagem policial, sem precedentes nos últimos tempos, passou a declarar diante do juiz Eloy Velasco, quem ordenou o seu ingresso em prisom sem fiança. Júlio foi trasladado á prisom de Soto del Real. A incomunicaçom prolongou-se até a declaraçom diante do juiz, onde nom puido estar presente o seu avogado, e na que nom declarou.

Segundo nos relatarom os avogados das pessoas detidas, a prova pola que enviam á prisom ao Júlio é umha carta que aparecera num registro policial num domicílio na operaçom do 30 de novembro do passado ano. Este documento está escrito a mám, e ainda que nom está assinado mais que pola legenda DMQE (denantes mortos que escravos), é atribuído pola investigaçom ao Júlio. Neste texto, supostamente segundo a versom policial, se relatava o estado das contas de Resistência Galega naquela altura.

Montagem policial

Neste caso, e já que sería escandaloso de mais que, depois da operaçom policial, ficaram as duas pessoas detidas em liberdade, o Júlio é enviado a prisom, por ser o suposto autor desta missiva.

Liberdade sem fiança para Sílvia
Sílvia declarou também esta manha diante do juiz, que lhe mantém a imputaçom de colaboraçom com banda armada, mas é mui provável que na próxima semana deixe de estar imputada neste processo judicial.

Os dous independentistas relatarom-lhes aos avogados que o trato fora correto nas dependências policiais, mas no traslado de carro de Ferrol a Madrid, a Sílvia figérom-lhe um interrrogatório agressivo as policias que a acompanharom na viagem, submetendo-a a pressom psicológica, e ameaçando-a co seu ingresso em prisom.

Umha prova mais da montagem policial é o facto de que na noite da detençom de Sílvia e Júlio, os Policias lhe advertiram a Sílvia que colhera quartos para o autocarro ou comboio de volta desde Madrid. Isto mostra que desde o primeiro momento conheciam a febleza das suas acusaçons neste caso.