-Os Països Catalans apoian a Galiza Nova e ao BNG diante do 21-Octubre.
Tanto as JERC como os Joves d'Esquerra Nacionalista-PSM veñen de facer público o seu apoio diante das eleccións galegas á candidatura do BNG. Ambas organizacións que manteñen desde hai anos unha estreita relación con Galiza Nova fan fincapé no apoio á militancia de Galiza Nova e do BNG.
“Pedimos o voto para os compañeiros do BNG porqué cremos que unha Galiza mais xusta e máis libre é posíbel!”, segundo o comunicado das JEN-PSM, e “Unha vez máis, queremos transmitir o noso ánimo a tod@s os militantes tanto de Galiza Nova como do BNG na súa infatigábel loita contra o goberno de Núñez Feijóo
Reafirmamos a nosa silidariedade co pobo galego e seu lexítimo dereito á autodeterminación, así como na súa loita pola xustiza social e a radicalidade democrática, por todo isto, na Galiza, no comunicado das JERC.
Desde Galiza Nova queremos agradecer aos compañeir@s mallorquin@s e cataláns o seu apoio e solidariedade. Saben que son recíprocos e na mesma loita nos atoparemos.
Visca els Països Catalans!
dimecres, 7 de novembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada