dijous, 10 de juliol del 2014
I Feira de Antiguidades de Santiago o Pazo de Congresos.
O Pazo de Congresos acolle máis de 40.000 pezas na I Feira de Antigüidades de Santiago
O evento foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Economía, Reyes Leis, e o organizador do evento, Ángel Moix
CDS | 16.55h.
*O Pazo de Congresos de Galicia acollerá entre venres e domingo a I Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 35 expositores de España, Francia e Alemaña, que amosarán máis de 40.000 pezas. O evento foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Economía, Reyes Leis, e o organizador do evento, Ángel Moix.
*Trátase da primeira feira de antigüidades que se fai en Santiago cun carácter profesionalizado nun espazo como o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. O evento diríxese tanto aos coleccionistas como a calquera persoa interesada nas antigüidades que pode atopar pezas curiosas ou cun valor sentimental.
*Os expositores terán unha ampla variedade de pezas, como máquinas de escribir antigas, radios, teléfonos, gramófonos, mobles, discos, xoguetes, ferramentas… Trátase dunha oportunidade para que os pais e os avós podan ensinar aos máis pequenos os obxectos da súa infancia e da súa xuventude.
*A feira ofrece tamén a oportunidade de que os asistentes poidan levar as súas pezas antigas para que os anticuarios participantes podan facerlle unha taxación precisa. Inclúese tamén a posibilidade de que vendan eles mesmos esas pezas, que quizais teñen máis valor do que o propio propietario pensaba.
*A feira abrirá o venres 11 de 17:00 a 21:00 horas. O sábado e domingo terá un horario continuado de 11:00 a 21:00 horas. O prezo da entrada, que será valida para os tres días da feira, é de tres euros, aínda que se rebaixará a dous euros a aquelas persoas que presenten os vales que se están repartindo en folletos por toda a cidade e na prensa local.
Subscriure's a:
Missatges (Atom)
