O Parlamento galego adoptou un acordo unánime esta semana para reformar a Lei de Caixas para dotar o Goberno dun instrumento que guíe o vieiro a seguir. Ante a falta de liderado da Xunta do PP, o Bloque Nacionalista Galego tomou a iniciativa. O portavoz de Economía do BNG, Fernando Blanco, xustificou a presentación deste proxecto ante a falta de “dirección” amosado até o de agora polo presidente do Executivo galego, Alberte Núñez Feixóo, para marcar o escenario e regras de xogo,“aquí chegouse tarde, como no debate do financiamento, e por iso tivemos que tomar a iniciativa outros”. Trátase dunha achega fundamental para reforzar o autogoberno de Galiza e para dotar de máis capacidade de intervención política o Goberno galego.
Deste xeito, o Parlamento galego failles fronte aos intereses dos que cuestionan a propia existencia das caixas e dos que tentan abrir o camiño para que a longo prazo os bancos se convertan nos seus propietarios. “Este é outro dos riscos aos que nos enfrontamos, non só que perdan a súa vinculación con Galiza senón que incluso desaparezan”, de aí a necesidade de aproveitar a oportunidade para sacar adiante a “ferramenta” que sirva para que as caixas sigan sendo galegas, sinalou o deputado nacionalista. Nós non podemos obrigar á fusión pero si vetar calquera acordo que vaia en contra dos intereses do país”, lembrou Blanco.
Malia que a reforma foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos, PP, PSdeG e BNG manteñen diferenzas sobre a canto debe ascender a presenza de representantes da Administración galega nos consellos de administración das entidades financeiras. De feito, mentres o BNG apostou por que a presenza da Xunta alcance un 20 por cento e que os seus representantes teñan "voz e voto"; o PSdeG defendeu a "presenza" do Goberno galego aínda que rexeitou a "politización" das caixas; e os populares fixeron fincapé na necesidade de "seguir garantindo a independencia e profesionalidade" dos consellos, aínda que avogaron por "aumentar o protectorado" da Administración.
Nunha multitudinaria rolda de prensa despois da reunión que mantivo esta semana Feixóo cos máximos responsábeis de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, e de Caixanova, Xulio Fernández Gaioso, o presidente da Xunta sinalou que un dos obxectivos da reforma é “reforzar os labores de protectorado” do Goberno sobre as caixas. Iso si, mantendo “a independencia na xestión operativa”.
Neste encontro, Feixóo entregoulles ás caixas o seu informe, que, malia ser confidencial, parece que aposta por unha fusión. A Xunta deulles un ultimato a Méndez e a Gaioso para que estuden nunha semana conxuntamente a documentación e se pronuncien publicamente sobre se queren unha fusión entre elas ou apostan por alianzas foráneas.
Solvencia e galeguidade
Feixóo tamén se reuniu esta semana coa patronal galega, cos sindicatos e cos máximos responsábeis de PSdeG e BNG, Manuel Vázquez e Guillerme Vázquez, respectivamente, para tratar de forma conxunta o futuro das caixas de aforros. Tanto o PP, como o PSOE e o BNG acordaron que as dúas condicións para as operacións que propoñan as caixas son "solvencia e galeguidade”.
Unicamente o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, explicitou a súa postura. “O BNG só apoiará o presidente da Xunta se este aposta por unha fusión ou alianza das caixas galegas. Calquera outra opción que baralle o Goberno galego obviamente non contaría co respaldo do BNG, pois implicaría na práctica a desaparición virtual das caixas galegas”. O socialista Manuel Vázquez limitouse a afirmar que o PSdeG aposta por que as caixas "teñan os seus centros de decisión en Galiza" e que as decisións que se tomen "redunden nas súas fortalezas".
Feixóo concretou que, unha vez terminados os traballos técnicos, volverá convocar os dous responsábeis das formacións da oposición. A postura, espera, será coincidente "se non ao cento por cento, ao 99 por cento".
diumenge, 29 de novembre del 2009
dissabte, 21 de novembre del 2009
O castelán non está marxinado no ensino
Esta é unha das xustificacións coas que o Tribunal Supremo rexeita que as familias escollan a lingua na que se educan os seus fillos e fillas, como reclamaba un pai vigués –que buscaba unha educación en castelán. Trátase dunha sentenza de gran relevancia política en Galiza, xa que a Consellaría de Educación ultima estas semanas a proposta do decreto que substituirá a norma do bipartito –que insta os centros educativos a impartir o 50 por cento das materias en galego e que nin sequera se está a cumprir. Con esta manobra, o PP reducirá a xa escasa presenza da lingua no ensino.
Os diferentes fallos do Supremo a favor do galego deixan sen argumentos a falsa “imposición” da lingua propia do país á que recorre a cúpula do PP continuamente. Na última sentenza, publicada esta semana, o alto tribunal recolle que “toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios”.
Auto contra o galego:
O anuncio da sentenza do Tribunal Supremo coincidiu no tempo co coñecemento público dun auto no que se afirma que o galego “non ten utilidade práctica”. Así, o Bloque Nacionalista Galego denunciou que un xulgado de Alcorcón (Madrid) ameaza unha nai galega con retirarlle a custodia das súas fillas por trasladarse de Alcorcón a Vigo, debido a que “o ensino é en galego e esta lingua non é útil”. Nunha rolda de prensa, o irmán da afectada, Manuel López Rodríguez, relatou “o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galiza” e salientou que as nenas “non tiveron ningún problema co galego”.
O portavoz de Lingua do BNG criticou o auto, que lle nega á nai que se traslade a Vigo debido ao perigo de “desarraigo que se estende ao seu ámbito escolar, pois as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos no Colexio Amanecer, de Alcorcón, para agora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega, unha lingua distinta á que foron escolarizadas até o de agora, que máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se aprecia que teña ningunha outra utilidade práctica”. O deputado nacionalista subliñou que “é un caso de racismo lingüístico, de xenofobia, como se fora un delito que en Galiza tiveramos unha lingua propia”.
Ademais, Lobeira advertiu de que “argumentos como o deste xulgado de Alcorcón poden sentar xurisprudencia no futuro e calquera pai ou nai separado de Galiza, Catalunya ou Euskadi que viva en Madrid ou noutra Comunidade castelanfalante e queira volver á súa terra perderá a custodia dos seus fillos”.
Ante esta situación, o deputado nacionalista presentou unha proposición non de lei no Parlamento pola que se insta á Xunta de Galiza a “adoptar as medidas precisas, ao amparo da legalidade vixente para evitar un caso flagrante de discriminación por razón de lingua, de pertenza e residencia na Galiza, que está a padecer unha familia de Vigo”. Polo de agora –tres días despois de que o BNG sacase á luz este caso– a Xunta aínda non se pronunciou nin lle ofreceu á familia afectada o seu apoio.

dissabte, 14 de novembre del 2009
Sete anos despois do "Prestige",Galiza fica defensa
Hoxe, 13 de novembro -2009, cúmprense sete anos da catástrofe do Prestige. No maxín dos galegos e galegas fican as costas tinguidas do negro do chapapote e, como cada aniversario, repítese a preocupación polo que poida acontecer se volve dar outro caso como o do petroleiro. E é que Galiza –malia posuír o litoral máis afectado polos verquidos contaminantes– non conta aínda con medidas de protección ante novas catástrofes, nin con protocolos de actuación, nin con planos de evacuación que eviten outro accidente similar.
A última medida anunciada polo Goberno español tampouco axuda a solucionar a indefensión de Galiza para combater a contaminación mariña. O Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero decidiu desmantelar o Centro para a Prevención e Loita contra a Contaminación Marítima e do Litoral (CEPRECO), que tiña a súa sede na Coruña, e o panel de expertos antiverquidos que se encargaba de asesorar as Administracións en caso dun accidente marítimo que implicase a vertedura de substancias contaminantes.
Mentres o Goberno español segue a defender a centralización en Madrid de todo o que ten a ver co Salvamento Marítimo, o pecio –que aínda conta con máis de 1.700 toneladas de hidrocarburo no seu interior– segue emanando cada día entre 20 e 50 litros de fuel debido á corrosión do casco, segundo o último informe da empresa petrolífera Repsol-YPF.
“O Goberno asegura que o traslada a Madrid para atender tamén o Mediterráneo, pero o que o que non din é que Galiza ten máis quilómetros de costa, máis flota pesqueira, máis sinistralidade no mar e máis mareas negras nas súas costas que todo o Mediterráneo”, denunciou o BNG. “Galiza é o lugar do mundo que sufriu máis grandes mareas negras e fronte ás nosas costas pasan cada ano máis de 13.000 buques con mercadorías perigosas”, engadiron os nacionalistas. De aí, que o portavoz de Pesca do BNG, o deputado Bieito Lobeira –que se laia da falta de adaptación da lexislación pesqueira española e europea á realidade galega–, presentase unha proposición de lei na que reclama que o Goberno español lle transfira a Galiza todas as competencias en materia de Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación mariña.
Sen xuízo, sete anos despois-.O xuízo que lles atribuirá as responsabilidades aos implicados na causa do Prestige segue sen iniciarse sete anos despois. Pedro Trepat, avogado da acusación particular da Plataforma Nunca Máis, afirmou que o atraso se debe a que “non houbo interese político en canalizar dentro duns parámetros temporais” o xuízo. “Outras causas moi complexas, como a do 11M, se instruíron rapidísimo”, lembrou o letrado.
A xuíza titular do Xulgado de Instrución número un de Corcubión, concluíu o pasado mes de marzo o procedemento abreviado do caso. Con todo, a maxistrada exculpou entón da catástrofe o ex director xeneral de Mariña Mercante, José Luis López-Sors, que no seu momento decidiu que o buque fora afastado da costa –feito que aumentou o dano derivado do accidente e provocou que o barco, finalmente, rompera.
A Audiencia da Coruña revogou o pasado mes de outubro o auto da xuíza de Corcubión e decidiu volver inculpar na causa a José Luis López-Sors ao ver a decisión de afastar o barco como un “erro clamoroso” que derivou nunha “responsabilidade criminal con imprudencia grave”.
Neste momento, o xulgado de Corcubión está á espera de abrir a fase de xuízo oral, na que as partes presentarán os seus escritos de clarificación. Posteriormente, o procedemento será elevado á Audiencia Provincial da Coruña e esta sinalará unha data definitiva para a vista oral e a apertura do xuízo.
Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), máis de 2.300 prexudicados pola marea negra do Prestige reclaman civilmente polos danos sufridos, mentres que outros 2.000 están na causa.
Menor produtividade das rías-.Co gallo do sétimo aniversario da catástrofe, tamén a asociación ecoloxista Adega amosou a súa preocupación polos efectos crónicos da presenza de fuel na costa, xa que estes contaminantes “son acumulativos nos organismos vivos” e ao longo da cadea trófica recaen nos consumidores de peixes e mariscos.
A entidade subliñou a gran capacidade de recuperación do litoral, que provocou que se superase a fase aguda. Con todo, critica que “até agora practicamente non hai feitos estudos serios” sobre os efectos a longo prazo da contaminación do Prestige.

diumenge, 8 de novembre del 2009
A Xunta contrata empresas de fóra para O Xacobeo
Malia que o PPdeG prometera que as empresas do país serían as que levasen “maioritariamente” a produción e xestión dos espectáculos do Xacobeo para “recuperar” a economía de Galiza a través deste evento, a Consellaría de Cultura outorgoulle a unha axencia de Madrid a publicidade da cita cultural.
A empresa Ruiz Nicoli –que ten traballado para a comunidade presidida por Esperanza Aguirre– recibirá máis de 543.000 euros polo seu traballo.
A clave da concesión foi a “orixinalidade” da proposta, concepto que puntuou a metade do concurso. No sector da publicidade galega sorprendeu que a Consellaría de Cultura non confiase nunha axencia de Galiza para este importante contrato. O BNG xa expresou o seu desacordo coa concesión. Así, a portavoz de Turismo no Parlamento, a nacionalista Carme Adán, considerou “cuestionábeis” os criterios que utilizou a Xunta para adxudicarlle á empresa de publicidade madrileña os anuncios do Xacobeo 2010. Adán cualificou de “sorprendente” tanto a valoración dos criterios empregados como que a Consellaría de Cultura e Turismo non confiase nas axencias de publicidade galegas “para este importante contrato”.
E é que das 24 candidaturas que se presentaron, 16 eran do país. A parlamentar nacionalista preguntouse se “este é o impacto positivo que vai ter o Xacobeo na economía galega”. No que atinxe aos contidos, o PP rexeitou unha Proposición non de Lei do BNG na que se lle pedía á Xunta de Galiza que no marco da celebración das actividades do Xacobeo 2010, a cultura galega tivese un lugar preferente na programación cultural, de xeito que fose destinataria, como mínimo, do 50 por cento dos fondos que se destinasen a esta finalidade. Para a portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, o que reclamaban os nacionalistas era “algo lóxico e de sentido común, e que tamén o fixo Catalunya durante as Olimpíadas de Barcelona e Sevilla durante a Expo: aproveitar o evento para apoiar e dar a coñecer a nivel internacional os e as artistas e industrias culturais locais”.
Marxinación dos galegos e galegas Pontón explicou que a iniciativa do BNG viña motivada porque “na programación do Xacobeo 2010 que fixo o Goberno do Partido Popular é unha programación que prima e privilexia os artistas de fóra e minusvalora e marxina os e as artistas galegos e as nosas industrias culturais”. A deputada nacionalista advertiulle ao PP que “non xogue á demagoxia, porque o BNG claro que está a favor de que veñan artistas de fóra, pero que os nosos estean ao mesmo nivel, xa que é a única forma de prestixiar o propio e proxectalo no mundo como un país cunha cultura e lingua propias”.
Ademais, Ana Pontón incidiu na necesidade de que o Xacobeo 2010 aposte pola cultura galega “porque a industria cultural tamén é riqueza, son miles de empregos, e é imprescindíbel apoiala neste momento de crise, e o Xacobeo é unha oportunidade única que non se pode desperdiciar”. A negativa do PP a apoiar a iniciativa do BNG demostrou para a deputada nacionalista que “o Partido Popular ve a cultura galega como unha anomalía, non entenden que é unha cultura contemporánea e están acomplexados con ela”.

dilluns, 2 de novembre del 2009
La Conselleria del Mar,asinada no canto de Lobeira
“La Consejería de Medio Rural en La Coruña” ou “la conselleira del Mar” son algunhas das expresións que comezan a empregar altos cargos da Xunta de Galiza nos seus escritos oficiais. O portavoz de Lingua do Bloque Nacionalista Galego, Bieito Lobeira amosou no Pleno do Parlamento celebrado esta semana os escritos da Administración en castelán.
Entre os documentou destaca unha misiva enviada por Rosa Quintana, responsábel da Consellaría de Mar, redactada integramente en español. A carta, que se dirixe a “Sr. D. Bieito Lobería Domínguez” –no canto de Lobeira–, está asinada por “La conselleira del Mar”.
A Administración autonómica non só non emprega o castelán na redacción. Tamén o usa para deturpar a designación oficial dos órganos institucionais. É o caso de “La Consejería de Medio Rural en La Coruña”, “Ayuntamiento de Ordes” ou “El jefe territorial de la Consejería de Medio Rural en La Coruña”. O parlamentar do BNG revelou estes documentos antes de presentar unha moción na que lle pediu á Cámara o compromiso co galego e que o PP desbotou. Lobeira considerou un “retroceso histórico” o rexeitamento do PPdeG á actual lexislación en materia lingüística, “que foi consensuada por todos os grupos políticos galegos no seu momento”. En concreto, a iniciativa do BNG pedíalle ao Goberno Galego que cumprise o artigo 10º da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, que estabelece que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”.
En segundo lugar pedía que se revalidase o compromiso co Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade en setembro do 2004. Ademais pedíase que se presentase un informe anual ao Parlamento sobre o cumprimento destas medidas e, por último, demandábase que, en cumprimento da Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas na Administración Pública Galega, e en concordancia co PXNL, os cargos da Xunta de Galiza usen de xeito normal o galego nas súas relacións coa cidadanía”. Por iso, o deputado nacionalista cualificou de “inaudito que o Partido Popular rache todos os consenso e mesmo se negue a apoiar o que di a lei”. “Nunca me imaxinei como deputado do BNG pedíndolle a un Goberno que, simplemente cumpra a lei”, engadiu. Bieito Lobeira lembrou que “o pobo galego foi castigado durante séculos, humillado e reprimido por falar en galego, un proceso que se acentuou durante o Franquismo, e que deixou unha fonda pegada na xente, de complexo de inferioridade e de que o galego é un lastre e un atraso para progresar”.
O deputado do BNG subliñou que “durante os últimos 25 anos, coa Xunta de Galiza, logramos avances moi cativos para parar ese proceso de substitución da lingua galega polo español”. “Con todo, e debido á estratexia máis españolista do Goberno de Feixóo, atopámonos agora con voces que criamos superadas pola historia e polo avance da democracia que vociferan contra o galego e queren mesmo reinstaurar os topónimos deturpados das nosas vilas e cidades”. O deputado do BNG considera que coa súa negativa no Pleno do Parlamento Galego “o Goberno de Feixóo fai ouvidos xordos ás ducias de miles de galegos e galegas libres que se manifestaron o pasado 18 de outubro en Santiago de Compostela”. “O Goberno do Partido Popular é un goberno instalado na soberbia, presidido por un sector españolista e antigalego, e que despreza a gran maioría dos galegos e galegas que, independentemente da lingua que falen, lle queren ben ao país e á lingua galega”.
A moción defendida polo BNG no Parlamento foi rexistrada por Lobeira un día despois de que o director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, empregase topónimos deturpados e interviñese en castelán na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos da Cámara. A intervención de Rodríguez Bugarín tamén provocou que o BNG presentase unha queixa á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, sobre este asunto

Subscriure's a:
Missatges (Atom)