-Galicia Germànica-
É para mim uma honra e um prazer abordar hoje uma temática que, à primeira vista,desperta o interesse uma vez que o conhecimento desta matéria não está demasiado desenvolvido, é mesmo bastante vago.
Convém, no entanto, delimitar a temática.
Parto do princípio que os organizadores deste congresso pensaram neste longo período histórico
que separa a Antiguidade da Idade Média, caracterizado pelas chamadas Invasões
Germânicas (ou dos Bárbaros, no sentido clássico de “estrangeiros”) e que marca a
dissolução da relativa unidade romana e latina ou política e cultural do Império em
antigas regiões históricas ou étnicas e em línguas românicas individuais.
E será neste sentido que vou resumir alguns, poucos, aspectos da história da língua galega. A noção
de «germânico», no seu uso actual, refere-se também a um dos estados germânicos –a
Alemanha (em italiano Germania)– mas, curiosamente, não abarca a Inglaterra, a Holanda,
os países escandinavos. No decorrer da historia medieval e moderna tem havido
bastantes contactos entre a Europa germânica e a Galiza, aliás sem influência linguística
ou cultural recíproca digna de menção.
Não me ocuparei destas fases históricas posteriores às Grandes Invasões, interessantes em mais de um aspecto político, económico ou cultural. Também não vou tratar de um aspecto particular da história da linguística românica,disciplina filológica importantíssima nascida na Alemanha do século XIX, ou seja da formação científica «germânica» de alguns dos grandes romanistas galegos ou da contribuição de romanistas alemães para os Estudos Galegos.
Quero apenas mencionar o meu mestre Joseph M. Piel, importante no contexto da minha temática e grande
amigo da Galiza e dos galegos, para realçar a transcendência da prevista reedição das
suas obras (inclusive os inéditos e um índice remissivo) aqui em Santiago.
Feitas estas reservas devo ainda acrescentar que prefiro, pessoalmente, dizer Galicia em vez da
forma portuguesa e popular Galiza; ela traduz uma realidade histórica contínua ao contrário
de muitos outros domínios de grande tradição, incluído o secular Portugal nascido
de terras «galegas» em palavras do Padre Sarmiento: nunca houve um «Portugal germânico"
diumenge, 29 de juliol del 2012
dissabte, 28 de juliol del 2012
A Lingua galega na Idade Media
-O galego na Idade Media-
Hai nesta época unha enorme semellanza entre o galego e o portugués, podéndose falar dunha única lingua : a galego-portuguesa, que serve de instrumento de comunicación a tódalas clases sociais para calquera tipo de expresión, desde a máis cotiá e popular ata a máis culta e literaria.O galego escrito úsase en todo tipo de textos, cartas, composicións literarias, documentos notariais... , tanto de carácter público coma privado.
Durante o século XIII e a 1ª metade do XIV chega a ter unha grande importancia literaria, sendo considerado o galego como a lingua máis axeitada para a lírica trobadoresca. Tres tipos de composicións poéticas destacan nesta época: as cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir, escritas por autores tan importantes como Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo etc., e recollidas e conservadas en tres grandes compilacións : Cancioneiro de Ajuda, Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Mención especial merecen as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio, obra que demostra claramente o enorme prestixio acadado pola nosa lingua nesa época.
Pero ademais das composicións líricas, tamén se escriben textos en prosa e importantes documentos. Unha parte dos textos que se conservan son obras que tratan da historia universal e de España, sendo as máis antigas a Crónica Xeral Galega e a Xeral Historia. Posteriores son A Crónica Xeral de España , A Crónica Galega de 1404 e A Crónica de Santa María de Iria.
O galego era ademais a lingua de tódolos documentos escritos, notariais, administrativos, xudiciais, contratos ...., e tamén empregado en obras de carácter científico, didáctico ou haxiográfico.Como resumo podemos engadir que o galego vivía entón unha época de pleno desenvolvemento, podendo referírmonos a ela coma O esplendor medieval.

dijous, 26 de juliol del 2012
O Galego de hoxe en dia,século XXI (2012)
-Os nosos días: Século XXI-
O galego de hoxe en día, xa en pleno século XXI, está nunha situación xeral de crise. A pesar dos esforzos por recuperar o idioma e a promoción por parte dos sectores culturais e intelectuais, a fala perde cada vez máis falantes e xa entrou na lista de linguas en perigo de extinción da UNESCO. A poboación galega, maioritariamente anciá, está a caer en número de forma vertixinosa, e con ela o número de falantes. A novas xeracións non empregan o galego en ningún ámbito e o número de monolingües en castelán aumenta de xeito alarmante. A Xunta de Galicia non ten un bo programa lingüístico, pois defenden o bilingüismo harmónico, dous termos incompatibles e contraditorios, que está a derivar nunha clara posición de decadencia do galego.
As cidades galegas xa non usan o galego. A situación é traumática e irreparable en cidades como A Coruña e Vigo. Tamén desaparecen os falantes en Ferrol, Pontevedra, Lugo e Ourense e tenden a unha situación semellante ás anteriores. De forma máis moderada, aínda que progresiva, perde falantes Santiago de Compostela. Mesmo os núcleos urbanos pequenos (de 5 000 habitantes ou menos, como Negreira) perden falantes.
O fenómeno estase a estender progresivamente xa non só á xuventude das pequenas vilas, senón que chega á rural (algúns concellos rurais son os derradeiros bastións dos monolingües galegos). Aumentan os monolingües en castelán e diminúen os bilingües. Os monolingües galegos existen, pero cada vez son unha especie máis rara. Os monolingües en castelán falan cada vez mellor o castelán, aínda que a inmensa maioría fala un castelán fortemente influído polo galego e con formas e léxico galego. Este castelán cheo de galeguismos e que mantén o acento galego é o chamado castrapo.
A situación aínda está a tempo de corrixirse nas vilas e no rural, mais de seguir a actual tendencia, en cuestión de dez anos, a situación non terá volta atrás. É preciso unha política lingüística eficaz. Estímase que en vinte anos (2020-2025) o galego só será falado polo 18% da poboación, e que seguirá a perder falantes até a súa desaparición.
A situación tamén se estende ao Bierzo, ao Eo-Navia e ás Portelas de forma máis alarmante, pois alí o galego non ten ningún tipo de protección oficial fronte ao castelán. De todos xeitos, hai algunhas organizacións que intentan salvalo da queima, aínda que cada vez teñan menos forza por falta de medios.
Como podemos ver, a situación é moi grave e case me atrevería a dicir que xa non se pode amañar. De todas formas, quedan sectores minoritarios da sociedade moi concienciados que empregan e defenden o galego. Eles son a última esperanza do galego, idioma antigo e nobre, noutrora idioma por excelencia da Península Ibérica e lingua de culto e literaria empregada por reis e xente de poder, lingua de trobadores, de sabios e do pobo. Noutrora, hoxe, a nosa lingua.

diumenge, 22 de juliol del 2012
Extinción do lume forestal no Concello Ourensán
-Medio Rural e Mar informa-
Informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello ourensán de Oímbra .O incendio afectou, segundo as últimas estimacións provisionais, a unha superficie que sitúase en torno ás 220 hectáreas
Santiago, 22 de xullo de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa que quedou extinguido o lume forestal rexistrado na parroquia de As Chás, no concello ourensán de Oímbra.
O incendio, que se iniciou ás 20:00 horas do venres, está extinguido dende as 23: 36 horas de onte, e segundo a última estimación provisional afectou a unha superficie que sitúase en torno 220 hectáreas, 185 rasas e 35 de arborado.
Nos labores de extinción deste incendio 4 técnicos, 6 axentes forestais, 19 brigadas, 9 motobombas, 5 helicópteros e 4 avións.

dijous, 19 de juliol del 2012
A indignacion chámase Roi Xordo (2012)
-Leave a comment-
Roi Xordo visto por Luís Seoane
Roi Xordo, eis o nome da indignación galega. Eis a chamada a termos as orellas guichas. Eis a reclamación de exercemos como cidadanía para esixir dous puntos fundamentais: dilixencia na protección do patrimonio e transparencia informativa.
Podemos pedir máis explicacións: limitación nos efectivos, redución dos integrantes das brigadas, desmantelamento dos postos de vixilancia, tardanza na activación das medidas, incoordinación, falta de comparecencias dos responsábeis políticos, opacidade nos datos… Pero pedimos dous: cumprimento efectivo das leis de protección do patrimonio e transparencia informativa.
Roi Xordo, eis o nome da rebeldía baixo medieval, a Fusquenlla. Eis o petar na conciencia para derrubar a ignominia de quen se cren amos e señores desta terra. Eis a alerta para a activación da autoorganización, unha vez máis, do pobo. Non renunciemos ao noso protagonismo, non renunciemos ao noso poder, non renunciemos a sermos suxeitos activos con dereitos e deberes. Non escorreguemos o vulto nin permitamos que continúe esta farsa.
Estamos fartos, fartos! Fartos dunha pandilla de filisteos que lles importa un carallo esta terra e a súa xente. Unha agrupación de ultras que teñen como primeiro principio ético o beneficio propio e como segundo, o desleixo. Interésalles unha merda onde fora parar o
Códice Calixtino, que ardan as Fragas do Eume, que se especule co litoral ou cos montes; fan gala dunha soberbia inaudita con declaracións vacuas que denigran a quen disente tratando de desprestixiar a opinión contraria con demagoxia, mentiras e trapalladas como pasa coa lingua galega; trapichean coas caixas, coas empresas, cos fondos públicos (IGAPE) e co futuro desta comunidade á que odian fielmente, ódiana cunha violencia inaudita; atemorizan á sociedade botando cálculos para privatizar a sanidade e a educación cando non aparecen facendo de abandeirados da reforma laboral; fan edesfán como lles peta porque comprenden a maioría absoluta como unha tiranía, unha ditadura, un poder feudal como o de Nuno Freire de Andrade, o Mao. Eis o alcume de Feijoo o Terríbel.
Non tardarán en poñer o peteiro a ferver con palabras como democracia, maioría silenciosa e outras gaiteiradas. Pero xa non tragamos. Xa non cremos a manipulación dos medios públicos que unha vez máis quedaron en ridículo ocultando o lume ou ao non saberen nin sumar o número de persoas que había na folga xeral. Xa non cremos no argumento do vitimismo da crise que semella unha carta en branco para actuar como lles praza desmantelando aquilo que aínda temos: o sector público. Eo, aquí hai xente! Aquí estamos os que sufrimos a crise! Hai alguén aí?
Participemos nas convocatorias abertas, plurais e coa bandeira de defender un futuro digno. Reclamemos que cumpran co regulado no actual estatuto (non pedimos por hoxe máis!) e que informen con veracidade. Pedimos o que simplemente tiñan que darnos. Acabaremos, tristemente, reivindicando como virtude aquilo que é unha obriga. Atendede, escoitade ben: Roi Xordo chama por todos nós.

F.E.E.(Fundacion para a Educació Ambiental) a Loiba
FEE (Fundación para a Educación Ambiental) é unha entidade privada que todos os anos concede as coñecidas bandeira azuis. Outras sociedades como ATEGRUS (tamén privada e vinculada as empresas de servizos de limpeza) tamén outorgan distintivos semellantes. A todas as administracións dos municipios costeiros preocupalles a promoción turística do seu concello e se esforzan por obter estes "galardóns" dos que resulta unha boa publicidade nos medios de comunicación. Pola súa parte esta entidades premiadoras obteñen así presenza pública e difunden as súas actividades e servizos.
Pero os usuarios das praias tamén queremos saber se estes distintivos funcionan só como reclamo turístico e promocional ou pola contra serven como garantía de calidade ambiental. No caso dos premios Ecoplayas de ATEGRUS, estes se conceden a partir dun pouco imparcial mecanismo que consiste nunha memoria xustificativa da xestión global realizada na praia, que aporta o propio concello que concurre ao premio. Alomenos FEE concede as súas bandeiras sempre tras unha avaliación anual realizada por inspectores da propia entidade, en función de criterios ecolóxicos como a calidade das augas, a limpeza e a dotación de servizos.
Asemade os usuarios (aínda que esta posibilidade é pouco coñecida) poden realizar denuncias si observan deficiencias ambientais. Nembargantes o prestixio das bandeiras azuis ultimamente está en franca regresión. En 1999 a Comisión Europea conxelou as subvencións destinadas á FEE pola cantidade de queixas e denuncias acumuladas contra esta entidade provenientes na súa meirande parte de España.
As asociacións ecoloxistas (Greenpeace e Ecoloxistas en Acción entre outras) denuncian que o distintivo azul ondea en praias onde emisarios submarinos verten aguas fecais ou residuos industriais tóxicos e non se retiran de praias francamente degradadas polo urbanismo invasivo, polo que son fonte de confusión e poden constituir un auténtico engano para os usuarios destas. Pero os verdadeiros responsables de esta confusión son as administracións municipais porque queren facer pasar estas distincións por certificados oficiais de excelencia cando acreditan só a dotación de servizos como socorrismo e aseos.
Existe nembargantes un instrumento de avaliación ambiental verdadeiramente rigoroso. Se trata da certificación en xestión ambiental de praias mediante á aplicación da norma ISO 14001 e o Reglamento EMAS. O concello que solicita a implantación deste sistema obtén un certificado de tres anos de vixencia e recibe unha auditoría anual de seguimento por parte de empresas independentes que certifican o cumprimento da lexislación vixente xunto co do resto dos requisitos da norma de referencia.
Asúmesmo debe establecerse un programa de obxectivos e metas medio ambientais, asumir un compromiso de prevención da contaminación e debe demostrarse unha mellora continua (non só unha intervención puntual) na xestión das praias. Os propios usuarios poden reclamar á entidade certificadora para que revise presuntas deficiencias, solicite medidas correctivas e incluso decida a suspensión do certificado.
Este sistema esixe, polo tanto o compromiso medio ambiental elevado e continuado. O que necesita un espazo protexido por lei como a praia de Morouzos e outras moitas do noso entorno, para a súa auténtica posta en valor como tal, pero é incompatible con prácticas que supoñen un reiterado atentado contra deste, como a xa denunciada e masiva acampada libre que sufre cada ano perante o festival.
Por tanto o mais probable é que someterse a esta avaliación teña pouco interés para esta administracción, centrada na autopromoción e o marketing institucional, que por unha banda quere facer uso dos valores ambientais como reclamo pero non é quen de asumir o compromiso que esto conleva e segue anclado en esquemas de turistificación pouco sustentables e propios do desarrollismo doutro tempo.

dimarts, 17 de juliol del 2012
Obxectivos da lingua galega (2012)
-Obxectivos generals-
O obxecto principal é que o alumno coñeza o proceso de formación da lingua
galega e as dinámicas sociolingüísticas que caracterizaron o seu percorrido histórico
desde as orixes ata a actualidade.
Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de analizar e
interpretar as características lingüísticas dos textos, conectándoas, de maneira crítica,
cos contextos históricos propios dos períodos en que foron elaborados.
Preténdese que os alumnos adquiran coñecementos suficientes para, en cursos
superiores, enfrontarse ás materias que analizan o cambio lingüístico interno da lingua
galega: Historia da lingua galega, Gramática histórica galega (morfoloxía) e
Gramática histórica galega (sintaxe).
Competencias
Coñecer a historia lingüística do noroeste ibérico desde a Antigüidade ata a culminación da romanización e a latinización.
Coñecer as dinámicas sociolingüísticas do galego na Idade Media, con atención ás súas relacións co latín, co castelán e co portugués.
Coñecer o proceso de penetración do castelán en Galicia despois da Idade Media e as dinámicas de reafirmación lingüística do galego que o devandito proceso suscitou.

dissabte, 14 de juliol del 2012
A Secretaria "Consello de Comunidades Galegas"
A Secretaría » Consello de Comunidades Galegas »
¿Qué é?
Comisión Delegada
Pleno do Consello de Comunidades Galegas
X Pleno do Consello de Comunidades Galegas ¿Qué é?
O Consello de Comunidades Galegas, creado pola Lei Galega 4/1983, do 15 de xuño, de Recoñecemento da Galeguidade, é o órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia. Con carácter deliberante e funcións consultivas, o Consello asesora á Administración autonómica no cumprimento dos fins establecidos na Lei 4/1983.
A súa organización e funcionamento regúlase no Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, modificado polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, e polo Decreto 261/1992, do 17 de setembro.
Compoñen o Consello de Comunidades Galegas:
*1.Presidente: O presidente da Xunta de Galicia.
*2.Vogais: Os conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Educación e Ordenación Universitaria, Economía e Industria, Traballo e Benestar, Cultura e Turismo e Sanidade.
*3.O Secretario Xeral da Emigración.
*4.O Secretario Xeral para o Deporte.
*5.O Secretario Xeral para o Turismo.
*6.Un representante do Consello da Cultura Galega.
*7.Un representante da Real Academia Galega.
*8.Un representante de cada unha das tres universidades galegas.
*9.Un representante por cada unha das comunidades inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas.
Documentación asociada.Documentación asociada.Lei Galeguidade 4/1983 do 15 de xuño 32.91 KB
Decreto 261/1992 do 17 de setembro 430.45 KB .Decreto 195/1991 do 30 de maio 17.6 KB
Decreto 4/1987 do 8 de xaneiro 1.74 MB.Decreto 3/1987 do 8 de xaneiro 1.62 MB

dijous, 12 de juliol del 2012
Os poderes de Comunidade Autónoma de Galicia
ARTIGO 1
1.Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ó seu autogoberno, de conformidade coa Constitución Española e co presente Estatuto, que é a súa norma institucional básica.
2.A Comunidade Autónoma, a través de institucións democráticas, asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses, e a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
3.Os poderes da Comunidade Autónoma de Galicia emanan da Constitución, do presente Estatuto e do Pobo.
ARTIGO 2
1.O territorio de Galicia é o abranguido polas actuais provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
2.A organización territorial terá en conta a distribucion da poboación galega e as súas formas tradicionais de convivencia e asentamiento.
3.Unha lei do Parlamento regulará a organización territorial propia de Galicia de acordo co presente Estatuto.
ARTIGO 3
1.Para efectos do presente Estatuto, gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia.
2.Como galegos, gozan de dereitos políticos definidos neste Estatuto os cidadáns españois residentes no estranxeiro que tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia, e acrediten esta condición no correspondente Consulado de España. Gozarán tamén destes dereitos os seus descendentes inscritos como españois, se así o solicitan na forma que determine a lei do Estado.
ARTIGO 4
1.Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na Constitución.
2.Correspóndelles ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación do tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social.
3.Os poderes públicos da Comunidade Autónoma asumen, como un dos principios rectores da súa política social e económica, o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra.
ARTIGO 5
1.A lingua propia de Galicia é o galego.
2.Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3.Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
4.Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
ARTIGO 6
1.A bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a travesa desde o ángulo superior esquerdo ó inferior dereito.
2.Galicia ten himno e escudo de seu.
ARTIGO 7
1.As comunidades galegas asentadas fóra de Galicia poderán solicitar, como tales, o recoñecemento da súa galeguidade entendida como o dereito a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego. Unha lei do Parlamento regulará, sen prexuízo das competencias do Estado, o alcance e contido daquel recoñecemento ás ditas comunidades que en ningún caso implicará a concesión de dereitos políticos.
2.A Comunidade Autónoma poderá solicitar do Estado Español que, para facilita-lo disposto anteriormente, celebre os oportunos tratados ou convenios cos Estados onde existan tales comunidades.
ARTIGO 8
Unha lei de Galicia, que requirirá para súa aprobación o voto favorable dos dous tercios dos membros do seu Parlamento, fixará a sede das institucións autonómicas.
dimecres, 11 de juliol del 2012
Curso de Clown03.Xullo 2012.Categories:
Curso de Clown03. Xullo 2012 · Categories: A Xuntanza, Actividades Este curso é unha oportunidade para facer cousas distintas, atrevidas, saltar as barreiras cotiàs e permitirte SER coas tuas peculiaridades e rasgos únicos.
Ao buscar a reacción expontánea o clown te axuda a recoñecer e aceptar cómo es, co negativo e o positivo, para logo tratalo dende a tenrura e o sentido do humor. Así pode chegar a ser algo útil para ti e para os demáis.
Porque o clown vive apaisoadamente, é inxenuo, espontáneo, curioso, e ten un grande desexo de xogar e experimentar, de mirar para diante:
Traspasa a lóxica e se máis creativo!! 14 e 15 de Xullo
Sábado de 10 a 14h e 17 a 21h, Domingo: 10 a 14,30h
A Xuntanza, Rua Fraguas, 37, Santiago de Compostela
80€, 60€ desempregados
Reserva de prazas: Ingresar a mitade da matrícula na conta de Caixanova: 2080 0540 43 0000012363
As cotas anuais30. Xuño 2012 · Categories: Uncategorized Na asamblea extraordinaria do día 25 decidiuse modificar as cotas establecidas para socios e socias:
Mantense a cota anual básica de 6 €-.Crearonse 2 cotas novas para aquelas socias e socios que poidan facer un maior esforzo económico.10 € /ano.20 €/ano
Para facilitar o seu pago, nos próximos días poñeremos en marcha unha pasarela de pago electrónico a través desta web. Entretanto, agardamos por vos no noso posto na Feira do Barrio; abaixo de todo, na Praza 8 de marzo.

dilluns, 9 de juliol del 2012
Os Séculos Escuros da Lingua Galega
-Os Séculos Escuros-
Se ben o galego (galego-portugués) tivera dende o século XII até a metade do XIV unha época de esplendor, do século XV ao XVIII viviu a súa decadencia.
No século XV
Isabel a Católica venceu a Xoana a Beltranexa, o que supuxo a posta en marcha da centralización castelá, que xunto coa destrución da sociedade debido ás Guerras Irmandiñas e a eliminación da nobreza contestataria, levaría á decadencia do galego.
Os Reis Católicos levan a cabo a centralización coa posta en man do poder político-militar, a Administración e o clero para os personaxes foráneos que continúan o labor castelanizador de Henrique de Trastámara. Estes personaxes non falan galego, e a Administración e o clero fan uso do castelán, co que se traerá o desprestixio do galego pasando a ser só de uso oral, privado e familiar.
Nos séculos XVI e XVII
Nestes séculos, aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios das linguas romances esixidos polo espírito Humanista. O galego non posuirá a súa primeira gramática até o século XIX. Outro factor que favoreceu a difusión das linguas romances foi a imprenta, mais no caso do galego, isto prexudicouno, pois as clases consumidoras e produtoras de cultura non falaban galego, quedando este relegado á xente iletrada e á fala.
A nobreza e o clero non son galegos, e o castelán abarca os notables laicos e eclesiásticos, os cales obrigan o uso do castelán nas súas relacións. Era así Galiza unha provincia estraña, descoñecida e remota coma as Indias, sen voto nas Cortes, gobernada por estraños, con epidemias e fame periodicamente e desangrada polas guerras e as levas de soldados. Todo isto provocou unha depauperización lingüística e o afastamento do idioma do mundo da cultura escrita, da Administración, da vida eclesiástica, científica, etc.
No século XVIII
No século XVIII tivo lugar a Revolución Industrial, que daría lugar á mecanización dos instrumentos de produción, á división do capital e o traballo e á aparición da fábrica. Os galegos, na súa inmensa maioría labregos, viron como fonte de riqueza a extensión de zonas cultivadas e a introdución do millo e a pataca. Os intereses desta agricultura provocaron a chegada dunha burguesía foránea (cataláns, vascos, maragatos, casteláns,...) que usan o castelán como lingua de relación. A isto únese a chegada do centralismo desenvolvido polos Borbóns en toda materia, e por suposto, en materia lingüística. O castelán aumenta a presión sobre o galego, e o ensino debe ser impartido obrigatoriamente en castelán.
Ao mesmo tempo, xorde a preocupación pola marxinación e o atraso de Galiza da man dos Ilustrados, e créanse as "Sociedades Económicas de Amigos del País", a "Academia de Agricultura del Reino de Galicia" ou o "Real Consulado del Mar".
A nivel lingüístico certos ilustrados reclaman a atención ao galego. O Padre Sarmiento reclama o uso do galego no ensino e o ensino do galego; o cura de Fruíme fai uso do galego na súa poesía; o Padre Feixoo defendeu o idioma recoñecéndoo como lingua e non coma dialecto; etc.
Frei Martín Sarmiento
Nestes séculos, o galego medieval cambia con respecto ao moderno, co cal se diferenciará máis do portugués.

dijous, 5 de juliol del 2012
Escola Infantil de Silleda vista o Cole de maiores.
Os nenos e nenas da aula “vermella” da Escola Infantil de Silleda vistan “o cole de maiores”.Os nenos e nenas da aula “vermella” da Escola Infantil de Silleda pasaron un día estupendo no CEIP de Silleda coñecendo, compartindo e xogando cos nenos e nenas da aula da profesora Lorena (5 anos) e que en breve serán os seus futuros compañeiros e compañeiras.
Alí puideron, pintar, xogar na cociña dos cativos, cantar, tomar o tentempé, coñeceron e coidaron os vermes de seda que criaron nesa aula, ademais de coñecer a súper biblioteca do cole, na cal os novos amigos e anfitrións lles contaron o conto dos 3 osiños….
A continuación e antes de saír ao patio, Lorena e os seus alumnos e alumnas regaláronlles un mural de fotos que fixeron expresamente para os nenos e nenas da escola infantil. Paralelamente os nenos e nenas da EI de Silleda tamén lle agasallaron con un feito por todas as crianzas de 2-3 anos.
Pasárono xenial xogando no patio, cos maiores e antigos amiguiños da escola da galiña azul.
Pero como todo remata… soou o timbre que indicaba que había que volver á escola para asearse e xantar; así que… mil grazas pola benvida tan agarimosa que lles deron aos nenos e nenas da escola infantil no CEIP de Silleda.

dimecres, 4 de juliol del 2012
Correlingua 2012,en prol da Lingua
Hoxe tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón unha nova edición do CORRELINGUA .
Nesta carreira en defensa da lingua galega participaron máis de 900 escolares de dez colexios de Narón, Ferrol e San Sadurniño entre os que estabamos nós.
Así que as dez, moi contentos, saímos do colexio coas nosas PANCARTAS en prol do galego.Cando chegamos fixemos unha simbólica carrera pola lingua e despois mentras esperabamos que saíse o grupo que estaba dentro do Pazo, nos tiñan preparados uns estupendos xogos populares. A nós tocounos xogar a ver que era máis rápido enrollando unha corda cun taco de madeira atado no extremo, ao brilé e a tirar da corda.
Cando tocounos o turno de entrar no Pazo, estábanos esperando a actriz IRIA SOBRADO que ademais de presentadora, xogou con nos ao AFORCADO. Tiñamos que adiviñar unhas palabras que había escritas nun taboleiro, e como non, adiviñámolas. Cales eran as palabras?
MOZO, MOZA E TI QUE LINGUA FALAS?
EU FALO GALEGO,TI FALAS GALEGO?
Pero ahí non quedou a cousa xa que esas palabras eran o estribillo dunha canción. Así que ao ritmo da canción: "Mosa, mosa, así voce me mata" todos cantamos unha canción na que defendíamos a nosa lingua :O galego
dimarts, 3 de juliol del 2012
Mensaxe de Benvida do Presidente de Xunta.
-Mensaxe de benvida do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo-
Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia Sacar o máximo proveito das posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías é unha das condicións para garantir o éxito de calquera estratexia que pretenda implantarse neste momento. Cantos temos a honra de formar parte do equipo encargado de dirixir a Xunta de Galicia no mandato que se inicia somos plenamente conscientes diso e, con ese obxectivo, temos intención de potenciar, en todas as súas posibilidades, o uso da internet.
Non é casualidade que, máis aló dos documentos oficiais que teño a honra e o deber de asinar, estas liñas sexan a primeira declaración escrita que redacto como presidente da Xunta.
Estou persuadido da importancia da rede como ferramenta de comunicación e quen non o entenda así estará abocado ao fracaso. Pero tamén quero aproveitar esta fiestra aberta ao mundo para reiterar o meu chamamento á totalidade da sociedade galega de xeito que, cada un desde as súas responsabilidades, traballemos conxuntamente para superar as dificultades nas que estamos inmersos.
Atravesamos unha etapa histórica complicada, especialmente no eido da economía; esta é a realidade e ocultala conduce a ningures. Honestidade e transparencia foron algúns dos valores que os meus maiores me inculcaron; esas máximas caracterizaron a miña traxectoria persoal e política, e seguirán rexendo a miña actuación, e a do meu goberno na Xunta de Galicia.
O enorme caudal de confianza depositado nas miñas costas reforza, aínda máis, a miña responsabilidade e acrecentará a miña entrega durante o mandado que veño de iniciar.
Son humano e, como tal, cometerei erros, polos que pido desculpas anticipadas, pero o que todos poden ter por seguro é que dedicarei cada minuto do día a traballar para mellorar as condicións de vida de todos e cada un dos fillos desta terra nobre e milenaria.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia
.
Subscriure's a:
Missatges (Atom)