O polémico “decreto do plurilingüismo” –nome baixo o que se agocha a redución do galego– foi aprobado onte no Consello da Xunta. O PP deulle luz verde malia as numerosas mobilizacións nas que participaron milleiros de galegos e galegas que pediron a retirada desta norma. A última manifestación tivo lugar o pasado luns, Día das Letras, no que unha vez máis a cidadanía ateigou a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela en defensa do seu idioma.
*Pouco lle importou a Alberte Núñez Feixóo a maioría social, sindical e da comunidade educativa, que non deixan de reclamarlle unha rectificación na súa política lingüística. E pouco lle importaron os informes institucionais –Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega ou Consello Consultivo– que rexeitaron o decreto. Unha vez máis o Goberno do PP desoíu o clamor social contra a súa política galegófoba.
*A decisión unilateral do PP de substituír o decreto 124/2007 –que estabelece o galego para, como mínimo, o 50 por cento das materias, sen que nin sequera se cumpra– polo novo “decreto do plurilingüismo” contradí a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobados por unanimidade polo Parlamento de Galiza, xa que ambos os dous obrigan a promover o idioma do país no ensino. Xa llo advertiu á Xunta o Consello Consultivo, que avaliou que as liñas xerais da norma conculcan a Constitución, o Estatuto e a Carta Europea das Linguas Minoritarias, xa que este decreto fai inviábel garantir que os cativos e cativas finalicen cada etapa educativa con destrezas comunicativas tamén en galego.
*O Consello Consultivo lembroulle á Xunta que “a acción normalizadora da lingua propia ten que implicar, necesariamente, a adopción de accións e medidas de apoio singularizado ou reforzado para garantir a subsistencia e desenvolvemento desta lingua”, algo do que carece totalmente o decreto contra o galego”.
Feixóo cambiará a lei
*Un dos aspectos que recollía o borrador do decreto era a consulta aos pais en Primaria e Secundaria, na que as familias decidirían cada catro anos –é dicir, polos seus nenos e polos que veñen en cursos atrás– a lingua na que educarían os seus fillos. Porén, o PP descartou esta consulta para o vindeiro curso, xa que os expertos alertaron o Goberno que delegar nos pais a facultade de escoller o idioma de varias das materias é ilegal.
*Con todo, Feixóo non desiste do seu empeño. Ante a “falta de cobertura legal”, o conservador teima en sacala adiante nesta lexislatura. Para iso, quere aprobar no Parlamento unha lei que regule as consultas aos pais no ensino, algo nunca visto no Estado. Con esa “lei para incentivar a participación” na man, que Feixóo conta ter nesta lexislatura, o PP retomará a consulta de Secundaria.
Sen rectificacións
*Non hai marcha atrás, polo menos segundo o contado onte polo presidente, en ningún outro aspecto. Segue o carácter vinculante da consulta en Infantil, que se fará anualmente no sobre da matrícula. Iso si, o PP cúrase en saúde e substitúe o termo “consulta” por “pregunta”.
*Tamén continúa a “liberdade dos alumnos para poder dirixirse ao profesor e facer os exames” na lingua oficial que estimen oportuno, aspecto moi criticado por moitos pedagogos.
*Con este decreto Galiza pasa a ser a única autonomía do Estado español na que se prohibe por norma que se poidan impartir algunhas materias na lingua propia, algo que non acontece nin tan sequera noutros lugares onde goberna o PP. Malia esta restrición, máis de 4.500 docentes xa asinaron un documento no que manifestan a súa vontade de continuar impartindo as clases en galego. O sindicato maioritario no sector, a CIG-Ensino, amosoulle o seu apoio aos profesores e profesoras que sigan a empregar o idioma de Galiza nas súas aulas. Tamén advertiu de que se a Xunta expedienta algún docente, “todo o ensino se porá en pé”.
**O pacto da hipocrisía
*O decreto contra o galego aprobouse só tres días despois de que Feixóo apelase, ante a Real Academia Galega, a un “gran pacto lingüístico”, un acordo de faciana propagandística que non recolle máis que unha lei básica datada do 1981. Para Feixóo, este consenso pasa pola cooficialidade entre o galego e o castelán, pola consideración da lingua galega como propia de Galiza, pola acción positiva para a extensión do seu coñecemento e uso e pola aplicación do principio de non discriminación por razón de lingua. Este “gran pacto” vén sendo o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, de 1981. Ante o estado de saúde preocupante que sofre o idioma, o Goberno só o ataca e lle receita mínimos.
*Se Feixóo realmente quixer recuperar a xa de por si escasa lexislación en materia lingüística co “gran pacto”, tería que comezar por desistir da súa cruzada contra o galego e por retirar este decreto. Se realmente quixer rectificar, Feixóo tería que retroceder no amplo abano de accións contrarias á promoción do galego. De pouco serven as verbas se non se dota do mesmo status legal o galego que o castelán.
dissabte, 22 de maig del 2010
dimarts, 18 de maig del 2010
Dia das Letras galegues,unha Jornada de reivindicación (2010)
O vindeiro luns, 17 de maio, celébrase o Día das Letras, e como cada ano, as rúas de Compostela acollerán a tradicional manifestación en defensa da lingua. Un día para camiñarmos xuntos polo galego.
*E máis, nos tempos que corren. De ser un día de festa, a ser unha xornada de eivindicación. Os galegos vémonos na obriga de reclamarlle os nosos dereitos lingüísticos á Xunta, que no canto de erixirse como principal valedor da lingua, eríxese como principal inimigo. Porén, o día 17 volverá ateigar a Praza do Obradoiro a dignidade do noso pobo.
*Namentres a plataforma cidadá Queremos Galego ultima os preparativos da que será unha manifestación histórica, o PP prepara a presentación do decreto que reduce a presenza da lingua no ensino. O clamor social contra o mal chamado “decreto do plurilingüismo” e os ditames negativos da principais institucións do país, como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega ou o Consello Escolar –entre múltiples entidades, grupos políticos, sindicatos...– non impediu que a Xunta siga adiante na súa cruzada contra o idioma, desta vez no eido do ensino.
*O último órgano en pronunciarse en contra do decreto foi o Consello Consultivo. Con todo, a Consellaría de Educación eludiu comentar as dúbidas sobre a legalidade desta norma creada polo PP, que substituirá desde setembro o decreto 124/2007. O texto aprobado polo Goberno bipartito estabelece que se impartan como mínimo o 50% das materias en galego (porcentaxe que nin sequera se está a cumprir na meirande parte dos centros educativos do país segundo advirte a CIG-Ensino, sindicato maioritario do sector).
*Cada día que pasa, o Goberno do PP dá novos argumentos para que os que queremos a lingua propia do país acudamos en masa á chamada de Queremos Galego. A poucos días da celebración do Día das Letras, a Xunta, por vez primeira na historia, colocou valados publicitarios en castelán para a campaña de difusión da administración electrónica. O galego perde así un dos poucos espazos que dominaba en exclusiva. Se a Xunta emite en castelán, as empresas privadas poderían tomar exemplo para desistir na normalización.
*Nun contexto no que as estatísticas alertan da perda de galegofalantes –no nivel máis baixo da súa historia–, o Goberno autónomo, en vez que promover o idioma propio de Galiza –tal e como vén recollido no Estatuto– avoga por desmantelar a súa oficialidade. Por vez primeira na etapa democrática, a Xunta elude cumprir a legalidade vixente en materia lingüística. E iso que tanto a Lei de Normalización Lingüística como o Plan Xeral de Normalización Lingüística foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego, onde hoxe, máis que nunca, escoitamos deputados do PP intervir publicamente en español e gabarse de facelo.
*Á redución do galego no ensino súmanselle a supresión das axudas á tradución de libros ou da cota de libros para as bibliotecas, o desmantelamento das galescolas –rede de escolas que foron consideradas “exemplares” para o Consello de Europa–, a redución das subvencións ás equipas de normalización lingüística dos centros de ensino, o recorte do 20% dos orzamentos de Política Lingüística, a supresión do galego como requisito para acceder á Función Pública... e un longo abano de medidas que van encamiñadas á desaparición da nosa lingua. Pero como a meirande parte de Galiza defende o idioma de seu, unha maré humana anegará Compostela o vindeiro luns, Día das Letras, cuxo homenaxeado –o poeta do Courel Uxío Novoneyra– recibe como “agasallo” da Xunta a tradución dunha obra súa ao castelán. Estaremos na manifestación do 17 de maio porque o galego é “o noso existir”, como lembra o lema da convocatoria desta mobilización.

diumenge, 9 de maig del 2010
Representants de "Queremos Galego",una Xarxa...
Els representants de 'Queremos Galego', una xarxa que agrupa a més de 700 associacions gallegues en defensa de la llengua, han vingut avui al Parlament Europeu de la mà del BNG i d'Esquerra per demanar empara a les institucions europees per l'ofensiva del Govern del PP en contra del gallec (vegeu la notícia que ha sortit a la Televisió de Galícia).
*El Govern de Núñez Feijóo ha suprimit, per exemple, el requisit de saber el gallec per treballar a l'administració pública, amb la qual cosa els ciutadans perden el dret de facto de ser atesos en gallec per la Xunta de Galícia. A més més, el Govern gallec promou una llei que reduirà l'ús del gallec a les escoles amb l'excusa d'augmentar l'educació en anglès. Una mesura similar a la que volia aplicar el Govern balear de l'època del PP: a la pràctica no hi ha mestres per impartir les classes en anglès, i s'acaben fent en castellà. A més a més, i això és surrealista, les assignatures científiques només es podran impartir en castellà. Una mesura que només es pot entendre com a foment a la diglòssia...
*Crec que l'Estat espanyol viu en una temptació permanent d'involució democràtica. Ho hem vist en el tancament del rotatiu Egunkaria durant més de 7 anys, i que ara la justícia espanyola mateixa ha dit que era del tot improcedent. Ho estem veient també amb la persecució judicial del jutge Garzón. O, sense anar més lluny, amb l'intent del Tribunal Constitucional de modificar amb criteris polítics la voluntat democràtica expressada en el referèndum de l'Estatut. L'intent d'arraconar el gallec és un cas més.
Els partits espanyol tenen una tendència permanent d'imposar l'estat per sobre dels interessos dels ciutadans, tant amb la llengua com en la llibertat de premsa o amb la voluntat política dels ciutadans catalans.

Transcorreron nove séculos i variedades do Galego
Transcorreron nove séculos, mais os 5.500 habitantes de Valverde do Fresno, San Martiño de Trebello e das Ellas empregan acotío tres variedades do antigo galego, o valverdeiro, o mañego e o lagarteiro. Os veciños do Val do Ellas non se consideran cacereños, nin portugueses, son dos “Tres Lugaris”. Asunción, unha muller de 57 anos que vive en Valverde, explica que non viaxa a Cáceres, senón a “Estremadura”, e non merca en Ciudad Rodrigo –Salamanca–, senón en “Castela”. Tampouco fala castelán, nin portugués “falo coma vós”, responde satisfeita. Ao igual que Asunción, o 98% dos habitantes deste recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres emprega estas variedades de galego
Os tres concellos forman o Val de Xálima, unha cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de lingua castelá. Estas dificultades orográficas permitiron que o galego ficase atrapado no tempo entre estas montañas da Serra de Gata. Hoxe en día aínda se rexistra numeroso léxico galego, toponimia e patronimia. Mesmo permanecen vivos numerosos arcaísmos que non sobreviviron na Galiza actual, como agó (agora). Son frecuentes as anécdotas sobre parellas que se coñeceron na emigración e que compartían o mesmo idioma, ou as da mili. Porén, non é necesario retroceder no tempo para advertir que o galego perdura no Val de Xálima e que resiste ao castelán mesmo mellor que en moitas vilas de Galiza. A seis horas de chegarmos a Valverde do Fresno, o café “con leche” que nos ofertaba un bar vigués convertíase no café con “con leiti” valverdeiro.
Orgullo polo idioma
Visitar por vez primeira os “Tres Lugaris” tradúcese nunha amálgama de estrañeza, sorpresa e satisfacción. Non só é posíbel escoitar os vellos do lugar recomendándolles aos “viciñus” que recollan os “cabalus” porque o “ceu” está cuberto e ameaza a “chuva”. Tamén pode comprobarse como os estudantes empregan esta fala para conversar namentres agardan a que se poña a “noiti” para ir á discoteca. Ao contrario que acontece entre boa parte da poboación de Galiza, nos “Tres Lugaris” gábanse de falar “galego”, unha fala que, malia non ser oficial, é empregada, xunto ao español, nos bandos ou nos anuncios dos concellos. Tamén decora con letras as rúas das Ellas e de San Martiño e serve de nome de perruquerías, bares ou librarías. No Val do Ellas falan galego “porque é a nosa lingua e porque así nolo transmitiron os nosos pais”. A conciencia dos habitantes do Val do Xálima respecto ao idioma é natural. De aí que os expertos aseguren que sería máis doado que desaparecese o galego na Coruña que nos “Tres Lugaris”.
É galego?
Os estudos dos últimos anos confirman a “galeguidade” innegábel destas falas. O catedrático de Filoloxía Galega e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Henrique Costas, viaxa con frecuencia desde hai 18 anos aos “Tres Lugaris”, onde ten constatado que estas falas “representan unha maqueta de moitos fenómenos dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos, esparexidos polo noso dominio lingüístico actual”. Nos últimos tempos, circula por Galiza a teoría de que as falas son galegas por seren primitivo portugués españolizado.
Costas rexeita a afirmación e lembra que estas terras do Val de Xálima “nunca foron repoboadas por habitantes lusos nin pertenceron á coroa portuguesa”. “Do enxerto dun bacelo galego que xermolou en terras do norte de Estremadura”, así ilustra Costas o nacemento destas linguas. E é que o valverdeiro, o mañego e o lagarteiro teñen a súa orixe nas colonizacións das áreas conquistadas aos musulmáns nos séculos XII e XIII polos reis galego-astur-leoneses. Tipoloxicamente, segundo os estudos de Costas, as falas do Val do Río Ellas “son unha póla do antigo galego que xermolou en terras de repoboación”. O decorrer do tempo non impediu que as pegadas da nosa lingua sigan presentes até nas letras de cantares, caso da canción “Se vas a San Benitiño, non vaias ao de Paredes, que é moito máis milagreiro San Benitiño do Lérez”.
A Junta non protexe a fala
O son destas tres falas corre perigo. Coa mellora das comunicacións, o incremento das relacións comerciais, a expansión dos medios de comunicación, a escola, a Igrexa, a Administración... produciuse unha entrada brutal de castelanismos no idioma dos máis novos. Pola outra banda, as autoridades estremeñas non se interesan pola protección e difusión do galego falado nestes territorios e mesmo negan politicamente que o falado no Val do Ellas sexa lingüisticamente galego. Como mostra, Costas lembra que no curso 2007-2008 “houbo un intento de introdución da lingua na escola que non prosperou por decisión administrativa”.
Daquela, introduciuse o estudo das falas do Val do Ellas como materia extraescolar cunha matriculación do 100% do alumnado nos tres colexios dos tres concellos. “A raíz disto, inexplicabelmente (ou non), a Junta de Extremadura retirou a subvención para esta actividade e nunca máis se puido volver impartir”, denuncia. O galego falado en Cáceres só foi recoñecido –a instancias de Galiza–, no último Informe do Consello de Europa, de 2008. Porén, non se lles está a aplicar a estas variedades lingüísticas a Parte II da Carta Europea das Linguas Minoritarias, que garante uns mínimos de protección para as falas rexionais que non gozan da oficialidade.

Subscriure's a:
Missatges (Atom)