Non debe existir ningún caso de peregrinaxe, sexa de intención relixiosa ou turístico-cultural, que contribúa tanto a anular o país receptor como a celebración xacobea. Non temos dúbida, porén, de que, con outra orientación no poder político gobernante, sería unha oportunidade especial para proxectar cara a nós mesmos e aos de fóra unha realidade histórica, patrimonial, cultural e socio-política a mantenta agachada. Mais a oportunidade profiláctica devén narcótico, hipnotización e anulación do noso ser colectivo, Galiza. Unha pada máis, e non menor, que o enterrador oficial bota na cova fonda da nosa desmemoria e da nosa negación histórica. Cando dentro, na Galiza, o contributo da Xunta, da Igrexa católica e de todas as institucións é tan entusiasta para evaporizarnos, non cabe esperar fóra, onde orixinariamente se xestou o proceso anulador, máis que colaboración natural.
O sábado, día 2 de xaneiro deste ano 2010, a TVE emitiu no Inform Semanal un programa adicado ao Pórtico da Gloria do Xacobeo. Non pronunciaron nen unha soia vez a palabra Galiza ou galego. Poderiase tirar a impresión de que se trataba dun fenómeno e dunha orixinal realidade artística extra-terrestres. Foron aludidos os nomes propios de Mateo e Fernando II, director artístico do Pórtico da Gloria e monarca impulsor, respectivamente, pero sen xentilicio algún. Emporiso, para colmo, este rei galego por lingua, consciente da entidade do seu reino de Galiza, vinculado á súa nobreza laica e eclesiástica e por ela educado, emterrado na catedral de Santiago por vontade explícita, foi designado como rei de León exclusivamente. Os entrevistados, deán arquiveiro da catedral, membros da equipa rehabilitadora- italiáns e españois-, experto en arte románica, non fixeron a máis mínima alusión ao contexto histórico e social, á realidade política do Reino de Galiza de entón, onde se xestou e construiu o pórtico románico máis esplendoroso de Europa, obra de galegos. O responsábel da política cultural da Xunta, o Conselleiro Roberto Varela, perante a imponente fachada do Obradoiro –aínda bautizado en língua galega no século XVIII-, tranquilizounos coa boa nova de que os peregrinos terían asegurado un espazo onde deixaren as mochilas para non entraren no recinto catedralicio con tanto vulto perturbador. Máis unha vez as imaxes impresionaban pola grandiosidade e fermosura; porén, o verbo acompañante era abstracto, retoricamente tecnicista, vulgarmente turístico e topicamente relixioso. Non había nen carne nen materia, nen historia nen pobo.
A verdade é que, con estes sarillos, é difícil que, por moito que declaren patrimonio da Humanidade algunhas evidencias artísticas do noso país, a Humanidade se inteire de que Galiza existe. Aliás, non se inteira de que Santiago foi produto dunha dinámica histórica específica, a de Galiza, non un apéndice máis da españolidade, ou unha simple manifestación de europeísmo cristián, como agora se pretende desde o Vaticano e os seus acólitos na UE. Créanme, sería impensábel un programa televisivo sobre a Alhambra de Granada ou A Mezquita de Córdoba sen aludir a Al-Ándalus, como o sería sobre o románico catalán, sen enmarcalo no seu contexto histórico concreto, nacional, o de Catalunya. Con nós non só é posíbel, é o natural. Naturalmente inexistentes, embora a a realidad empírica sexa contundente. Esta realidade empírica contundente hai que explicala, alumeala, co verbo consecuente, necesario, revelador. Xustamente todo o que agachan e que tanto nos custa desvendar e facer aboiar…
diumenge, 28 de març del 2010
XACOBEO 2010
Comeza xa un novo ano cargado de boas perspectivas para todos os establecementos turísticos: hoteis, pensións, casas de turismo rural, restaurantes- e doutros tipos presentes na comunidade autónoma. E é que este ano 2010 é ano Xacobeo.
Os “Anos Santos” supoñen a apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela que só se realiza cando o día de Santiago -25 de xullo- coincide en domingo. Pero este simple feito supón a posta en marcha dun ano de celebracións por todo o país que atrae a milleiros de turistas de todo o mundo, algúns motivados pola súa fé cristiá e outros atraídos por actos de diferente índole: concertos, exposicións, eventos deportivos etc. que terán lugar ao longo de todo o ano 2010.
A Xunta de Galicia, se non me equivoco, é o principal promotor e organizador de todos estes actos e a través de campañas publicitarias daos a coñecer sobre todo no resto do Estado.
É evidente que calquera dos que rexentamos un establecemento turístico só podemos pensar dunha maneira: “a ver se este ano hai máis xente e facturamos aínda que sexa un pouquiño máis ca o ano anterior”, aínda que tamén pensamos: “O Xacobeo deixa moitos cartos nas cidades, sobre todo en Santiago que é onde teñen lugar a maioría das actividades culturais”. E elo lévanos a reflexionar sobre a influencia que pode ter tanto despregue na nosa zona, Ortegal, tan aillada das grandes áreas urbanas de Galicia, e como non dicilo, é de xustiza, bastante levada pola man de Deus e de Santo Andrés de Teixido.
Pero non nos queda outra que ser optimistas, pensar que algún evento cultural nos tocará á parte dos de sempre, e ter o convencimento de que moitos deses turistas cuxo reclamo é entrar pola Porta Santa e dar un golpe coa testa no Santo dos Croques tamén poidan pensar que existen outros lugares moi pretiño que teñen moito que ofrecerlles e decidan achegarse a coñecer a noso Ortegal que, sen dúbida, non os defraudará.
Grupo de Cataláns
Son uns habituais do Camiño. Cada ano, este grupo de cataláns percorre unha etapa da Ruta Francesa. O obxectivo: rematar o seu particular plan de viaxe no 2010, Ano Xacobeo, no que teñen previsto completar o derradeiro treito ata Santiago de Compostela. Antes xa fixeron completo o Camiño Portugués. Estes expertos peregrinos dannos os seus consellos para afrontar o reto. Estamos con eles en Pasantes (Lugo).
Feliz Ano Xacobeo 2010.

dimecres, 10 de març del 2010
"Gallego en el sentido máis peyorativo de la palabra"
“Gallego en el sentido máis peyorativo de la palabra”. Así lle respondía Rosa Díez ao xornalista Iñaki Gabilondo logo de que este lle pedise que definise a José Luis Rodríguez Zapatero cunha palabra.
Con esta, xa son dúas –como mínimo– as veces nas que a deputada ultraespañolista Rosa Díez emprega a verba “gallego” cunha carga xenófoba e cun odio visceral cara a Galiza e cara ao pobo galego. A actitude da portavoz de UpyD reflicte a degradación que sofre a política española. A resposta racista que lle deu Díez a Gabilondo é impropia de alguén que ocupa un cargo de responsabilidade pública.
Pouco despois de saír á luz a entrevista de Gabilondo a Díez, os grupos políticos galegos censuraron a súa actitude e formacións como o BNG pediron a súa reprobación. A ultraespañolista tamén recibiu críticas do PPdeG. Porén, é coñecida a boa relación da portavoz de UpyD co sector máis anti galego dos populares, cos que comparte a liña ideolóxica. Hai apenas un ano, Rosa Díez manifestábase polas rúas de Compostela contra a nosa lingua acompañada por cargos do PP como a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, o deputado no Parlamento de Galiza Ignacio López Chávez, ou o actual conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
A portavoz do partido ultraespañolista, no canto de desculparse polos insultos aos galegos, aumentou a polémica ao increpar os que se ofenderon. Para UPyD, o significado “coloquial” do xentilicio de Galiza “en sentido pexorativo” sería o de alguén que evita comprometerse. O partido de Rosa Díez aduce que o uso de “gallego” no sentido “pexorativo” é similar a expresións como “traballar coma un negro” ou “chulo coma un madrileño”. De aí que considere que “ofenderse por isto é unha mostra de intolerancia, complexo de inferioridade ou perturbación nacionalista”.
Os tres grupos parlamentares –PP, PSOE e BNG– estudan agora como reprobar os insultos de Rosa Díez aos galegos. Polo de agora, o Parlamento de Galiza non chegou a un acordo, xa que os populares pretenden que se omita o nome da portavoz de UpyD na reprobación institucional. Ao coñecer a intención da Cámara galega para denunciar a súa conduta, Rosa Díez sinalou que “demostra que en España hai demasiado candidato a censor solto”.
Arcadi Espada apoia a Díez
Unha semana despois da polémica xurdida ao redor da actitude racista de Díez, o analista catalán Arcadi Espada fixo súas as declaracións da portavoz de UpyD no espazo radiofónico presentado pola xornalista galega Xulia Otero. Para Espada, as críticas a Díez son unha proba de que tanto os medios de comunicación e os políticos que a censuraron son “estúpidos, ignorantes, aldeáns, cantonais e provincianos”. ??O comentarista –membro de organizacións españolistas como Basta Ya e promotor da plataforma cívica que deu lugar á creación do partido Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía– engadiu, trátase da “proba de que neste país se fraccionou a intelixencia do cero ao cero”.
O catalán tamén sinalou que Díez “estivo estupenda” e “demostrou por que algúns lle temos simpatía política e persoal”.?Xulia Otero, ao contrario que Gabilondo, enfrontouse en directo ao seu colaborador e descualificou as súas verbas “ofensivas”. Acusouno ademais de ser soberbio e de non ter valentía para rectificar e pedir perdón.
Non só Díez ou Espada insultan os galegos co emprego xenófobo do noso xentilicio. O dicionario da Real Academia Española aínda contén definicións de raíz xenófoba, pexorativa e vexatoria do noso xentilicio. Malia as reiteradas peticións parlamentares do BNG, a RAE inclúe “gallego” como “tonto” ou “tartamudo”. Até ben entrada a segunda metade do século XX, a institución da lingua española non suprimiu a entrada de “gallego” como sinónimo de “bruto”. Na actualidade “gallego” fica definido como lingua do noso país na sétima aceptación da verba.
Asistimos unha vez máis a unha mostra do vilipendio que sofren todos os nacionalistas sen a mínima consideración aos seus dereitos. Que acontecería se fose un galego quen empregase o termo “español” como sinónimo de “imperialista” ou ignorante?

dilluns, 1 de març del 2010
"In pulverem reverteris" tanto para Adàn como para Eva
Así remata a sentenza, seica, das palabras de Iavé a Adán, e por engádega digo eu que tamén a Eva, pero a alocución enteira deste laudo, por así dicilo, foi, como saberán os lectores e as lectoras así: memento homo, quia pulvis es et in pulverem reverteris. Tanto para Adán como para Eva, homo, na acepción grega. Estamos no mes de Santos que a nosa laicidade que mellor Novembro, con día dedicado aos defuntos, ás ánimas que xa non están nin han estar máis alá dos séculos, porque só eterna é a morte, e non hai entón per vitam aeternam, como queren os crentes, e a relixión con ela -a eternidade- agosto e magosto, ourizado xa o efémero ouro das castañas. Digamos, pois, que a eternidade non é outra cousa que a negación do ego, logo do individuo, na súa condición de home ou muller. Da tradición desta pouco críbel, pero certa sentenza alimentouse o sentimento tráxico da vida que invocaba Miguel de Unamuno. Advirtamos, que memento é funeral, acto post mortem de calquera relixión. E o "sentimento tráxico da vida", do vivir, foi a cerna estimulatoria dunha grande parte da chamada Generación del 98 española, todos ou case todos menos o noso inmortal Valle-Inclán, que non participou da pusilanimidade, festiva ou non, de Azorín, os excesos de Pío Baroja e a ben descritíbel tristura do granadido Ángel Ganivet, e se me apuran, engadiría neste breve listado a Rubén Darío. Con todo, os "tocados" por este catecismo só o deixaban solertes para pías postas en escena xustapostas ou envisgadas dun patetismo atrabiliario, cal é o caso do fascismo español encabezado no fundamental polo xeneral Franco e José Antonio Primo de Rivera.
En don Ramón, retornando, nada hai dese "sentimento" pois el é pai do esperpento, o xénero que xamais soubo mellorar ou copiar, sequera, ninguén. Regresen á lectura, se queren de Las galas del difunto; retornen a Luces de bohemia e rematen en Divinas palabras. Despois, continúen con Tirano Banderas para lle levar unha candea acesa á sombra nunca recorrente de Zacarías el Cruzado, esa silueta da mera da noite choviñenta que eu vexo en Compostela de Camiño á necrópole de Boisaca, para despertar o Mestre do seu soño inmortal e sempre necesario: "U la miña presenza, don Ramón?". "Ao Español; ao Derby? "Ao único que queda, don Ramón, coas puretas e os guiris apacentado a sombra do aire na herba (Pimentel)". "Pero Pimentel non era comunista". "Cristián e decente, nos ergástulos do planalto lugués". "Lembraba o ruído das balas asasinas contra os tapiais no vello cemiterio de San Froilán". "Asolábelle a memoria Galicia mártir e Atila en Galicia; escribiu Galicia nas cunetas.
Así, El Cruzado e don Ramón atravesan o empardecido deste outono outono en Compostela ata chegar ao Derby, de camareiros uniformados de branco e negro, como os do Carabela en Pontevedra, a onde non queren ir Góngora porque non lle pregunten se é certo que regresa en pálida morte para rescribir a súa Soledad segunda, o arquitecto Portela, o historiador Fortes Bouzán, o xuíz Luciano Varela, e mesmo Sabino Torres Ferrer, cando chega de Madrid, por ver o Lérez e saber que foi dos vellos cafés desaparecidos.
Podería volver saír Litoral, Sabino? Pregunteille esoutro día cando a tarde caía indiferente na memoria da Moureira. "Podería, pero tería que ser doutra maneira". Agora hai ordenadores e un mundo que parece do revés. Hai cen anos que nacía Filgueira Valverde, un erudito que fundou o Partido da Dereita Galeguista, ou algo así. Debe ser a mesma pantasma á que se adscribe Alberto Núñez Feijóo. O PP claro, o Partido Popular de España "una, grande y libre".
Mes de novembro, Santos piadosa tradición. Praza da Soedade en Lugo; rúa do Desengano en Ourense. Procesión de vivos e de mortos. Nos escaparates deste século XXI xa piñeiriños e aderezos de Nadal; Papá Noel, o boneco da Coca-Cola. A xente agarda o milagre despois das enxurradas, despois da barbarie urbanística... urbanización enriba do que foi decurso do río primixenio, nos areais arrebatados ao mar. Da sementeira á castañeira, e viño xa novo para ir abillar nas fírgoas do día, de fiúncho e nébeda.

Subscriure's a:
Missatges (Atom)