dimecres, 30 d’octubre del 2013

Ernesto Guerra da Cal,oficialista institucións galegas

Sepultado entre as sombras e tocado por un raio do sol. Nesta dualidade permanece, 15 anos despois do seu pasamento, a figura do grande poeta e literato galego, peza chave e de grande influencia na española xeración do 27 e un dos vultos de maior importancia no mundo lusófono. A existir unha listaxe de vítimas da inxustiza literaria, Ernesto Guerra da Cal ouparía o primeiro lugar como padecente do esquecemento forzado, oficialista e interesado por parte das universidades e institucións galegas. As razóns son simples e coñecidas, convicción científico filolóxica e escolla lingüística. Un problema para o imperio que foi apuradamente silenciado, causando resultados devastadores para a nosa lingua, paradoxalmente abrigada hoxe sob a antuca ortográfica do español. Por fortuna, mais para vergoña nosa, só isto sucede na nosa terra, esa peza chave da luso ou galaicofonía que renega de si propia, pois por tras da brétema que hoxe cobre o país, o noso autor gozou de solemne recoñecemento mundial, sendo honrado en vida con innúmeras distincións entre as que se destacan a medalla Padre Anchieta, a chave da Cidade de Rio de Janeiro, a medalla Oskar Nobiling da Sociedade Brasileira de Língua e Literatura; a presidencia de honra do I e II Congreso Internacional daLíngua Galaico-Portuguesa organizado pola Associaçom Galega da Língua, a entrada como socio na Academia de Ciências de Lisboa e da Sociedade de Geografía, a pertenza como membro da Academia Internacional da Cultura Portuguesa ou, aínda, o nomeamento como doutor honoris causa polas universidades

dijous, 24 d’octubre del 2013

Pois no pais galego a nosa lingua é o galego (2013)

Acaso fan estudar en España o galego? Non? Pois no país galego a nosa lingua propia é o galego. Los que no se sientan gallegos ya saben donde viven los españoles y los mesetarios. Pero na nosa patria nos imos defender o noso idioma matrio prostituido durate séculos por xentes vidas de fora. Si agora están dentro de Galicia e non lle gusta a nosa cultura e costumbres, millor que vaian a tocar tonalilleras ou flamenco. Xa estamos fartos de tanto fascista vido ou abducido da meseta e é horas de que na nosa nación nos deixen falar e aprender o galego. O que non queira estudar ou aprender a lingua da nosa nación, que vaia a Castela a estudar, ou non? Eu na emigración tiven que aguantar que a miña filla tan só lle ensinaran en castelán. E por moito que lles dixen aos castelans que eu quería que a miña filla tivera a educación en galego, nin caso. A min de cativo prohibíronme falar en galego na escola, e desde logo o mestre só falaba castelán. Por que non hai escolas en España que lles obliguen aos españois a falar vasco, catalán o galego. ¿Non son idiomas oficiais españois tamén? Ou?

dilluns, 7 d’octubre del 2013

Cantars gallegs Rosalia de Castro

Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!...

dimarts, 1 d’octubre del 2013

Poboación xuvenil.

O IGE publica hoxe a explotación da Mostra continua de vida laborais para a poboación xuvenil, con datos do ano 2011.A Mostra continua de vidas laborais (MCVL) é un conxunto de microdatos anonimizados procedentes da Seguridade Social, do Padrón municipal de habitantes e da Axencia Tributaria. *Constitúe unha mostra representativa de todas as persoas que durante o ano tiveron relación coa Seguridade Social, ben porque estiveron afiliadas en situación de alta laboral, ben porque percibiron unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, ou ben porque percibiron algún tipo de pensión contributiva. *A partir da MCVL do ano 2011, o IGE ven de realizar unha explotación para a poboación de entre 16 a 29 anos (ambos inclusive) residente en Galicia. Os obxectivos desta explotación son: clasificar a poboación de referencia segundo a súa relación coa Seguridade Social en 2011 (traballadores, parados, pensionistas, etc.), estudar as características do emprego da poboación nova (temporalidade, parcialidade, pluriemprego,tempo de traballo, etc.), analizar as características do primeiro emprego, facilitar información sobre a estabilidade laboral, e analizar os salarios e as bases de cotización da poboación nova.