dimecres, 30 d’octubre del 2013
Ernesto Guerra da Cal,oficialista institucións galegas
Sepultado entre as sombras e tocado por un raio do sol. Nesta dualidade permanece, 15
anos despois do seu pasamento, a figura do grande poeta e literato galego, peza chave e de grande influencia na española xeración do 27 e un dos vultos de maior importancia no mundo lusófono.
A existir unha listaxe de vítimas da inxustiza literaria, Ernesto Guerra da Cal ouparía o primeiro lugar como padecente do esquecemento forzado, oficialista e interesado por parte das universidades e institucións galegas.
As razóns son simples e coñecidas, convicción científico filolóxica e escolla lingüística. Un problema para o imperio que foi apuradamente silenciado, causando resultados devastadores para a nosa lingua, paradoxalmente abrigada hoxe sob a antuca ortográfica do español.
Por fortuna, mais para vergoña nosa, só isto sucede na nosa terra, esa peza chave da luso ou galaicofonía que renega de si propia, pois por tras da brétema que hoxe cobre o país, o noso autor gozou de solemne recoñecemento mundial, sendo honrado en vida con innúmeras distincións entre as que se destacan a medalla Padre Anchieta, a chave da Cidade de Rio de Janeiro, a medalla Oskar Nobiling da Sociedade Brasileira de Língua e Literatura;
a presidencia de honra do I e II Congreso Internacional daLíngua Galaico-Portuguesa organizado pola Associaçom Galega da Língua, a entrada como socio na Academia de Ciências de Lisboa e da Sociedade de Geografía, a pertenza como membro da Academia Internacional da Cultura Portuguesa ou, aínda, o nomeamento como doutor honoris causa polas universidades
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada