dimarts, 1 d’octubre del 2013
Poboación xuvenil.
O IGE publica hoxe a explotación da Mostra continua de vida laborais
para a poboación xuvenil, con datos do ano 2011.A Mostra continua de vidas laborais (MCVL) é un conxunto de microdatos anonimizados procedentes da Seguridade Social, do Padrón municipal de habitantes e da Axencia Tributaria.
*Constitúe unha mostra representativa de todas as persoas que durante o ano tiveron relación coa Seguridade Social, ben porque estiveron afiliadas en situación de alta laboral, ben porque percibiron unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, ou ben porque percibiron algún tipo de pensión contributiva.
*A partir da MCVL do ano 2011, o IGE ven de realizar unha explotación para a poboación de entre 16 a 29 anos (ambos inclusive) residente en Galicia. Os obxectivos desta explotación son: clasificar a poboación de referencia segundo a súa relación coa Seguridade Social en 2011 (traballadores, parados, pensionistas, etc.), estudar as
características do emprego da poboación nova (temporalidade, parcialidade, pluriemprego,tempo de traballo, etc.), analizar as características do primeiro emprego, facilitar información sobre a estabilidade laboral, e analizar os salarios e as bases de cotización da poboación nova.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada