dijous, 5 de juliol del 2012

Escola Infantil de Silleda vista o Cole de maiores.

Os nenos e nenas da aula “vermella” da Escola Infantil de Silleda vistan “o cole de maiores”.Os nenos e nenas da aula “vermella” da Escola Infantil de Silleda pasaron un día estupendo no CEIP de Silleda coñecendo, compartindo e xogando cos nenos e nenas da aula da profesora Lorena (5 anos) e que en breve serán os seus futuros compañeiros e compañeiras.

Alí puideron, pintar, xogar na cociña dos cativos, cantar, tomar o tentempé, coñeceron e coidaron os vermes de seda que criaron nesa aula, ademais de coñecer a súper biblioteca do cole, na cal os novos amigos e anfitrións lles contaron o conto dos 3 osiños….

A continuación e antes de saír ao patio, Lorena e os seus alumnos e alumnas regaláronlles un mural de fotos que fixeron expresamente para os nenos e nenas da escola infantil. Paralelamente os nenos e nenas da EI de Silleda tamén lle agasallaron con un feito por todas as crianzas de 2-3 anos.

Pasárono xenial xogando no patio, cos maiores e antigos amiguiños da escola da galiña azul.

Pero como todo remata… soou o timbre que indicaba que había que volver á escola para asearse e xantar; así que… mil grazas pola benvida tan agarimosa que lles deron aos nenos e nenas da escola infantil no CEIP de Silleda.