dimarts, 17 de juliol del 2012

Obxectivos da lingua galega (2012)

-Obxectivos generals-

O obxecto principal é que o alumno coñeza o proceso de formación da lingua
galega e as dinámicas sociolingüísticas que caracterizaron o seu percorrido histórico
desde as orixes ata a actualidade.

Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de analizar e
interpretar as características lingüísticas dos textos, conectándoas, de maneira crítica,
cos contextos históricos propios dos períodos en que foron elaborados.
Preténdese que os alumnos adquiran coñecementos suficientes para, en cursos
superiores, enfrontarse ás materias que analizan o cambio lingüístico interno da lingua
galega: Historia da lingua galega, Gramática histórica galega (morfoloxía) e

Gramática histórica galega (sintaxe).

Competencias
Coñecer a historia lingüística do noroeste ibérico desde a Antigüidade ata a culminación da romanización e a latinización.
Coñecer as dinámicas sociolingüísticas do galego na Idade Media, con atención ás súas relacións co latín, co castelán e co portugués.
Coñecer o proceso de penetración do castelán en Galicia despois da Idade Media e as dinámicas de reafirmación lingüística do galego que o devandito proceso suscitou.