dimecres, 4 de juliol del 2012
Correlingua 2012,en prol da Lingua
Hoxe tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón unha nova edición do CORRELINGUA .
Nesta carreira en defensa da lingua galega participaron máis de 900 escolares de dez colexios de Narón, Ferrol e San Sadurniño entre os que estabamos nós.
Así que as dez, moi contentos, saímos do colexio coas nosas PANCARTAS en prol do galego.Cando chegamos fixemos unha simbólica carrera pola lingua e despois mentras esperabamos que saíse o grupo que estaba dentro do Pazo, nos tiñan preparados uns estupendos xogos populares. A nós tocounos xogar a ver que era máis rápido enrollando unha corda cun taco de madeira atado no extremo, ao brilé e a tirar da corda.
Cando tocounos o turno de entrar no Pazo, estábanos esperando a actriz IRIA SOBRADO que ademais de presentadora, xogou con nos ao AFORCADO. Tiñamos que adiviñar unhas palabras que había escritas nun taboleiro, e como non, adiviñámolas. Cales eran as palabras?
MOZO, MOZA E TI QUE LINGUA FALAS?
EU FALO GALEGO,TI FALAS GALEGO?
Pero ahí non quedou a cousa xa que esas palabras eran o estribillo dunha canción. Así que ao ritmo da canción: "Mosa, mosa, así voce me mata" todos cantamos unha canción na que defendíamos a nosa lingua :O galego
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada