divendres, 16 de novembre del 2012

O que teño por diante: papeis e cousas que falan de tot.

A carón do meu ordenador, un milleiro de papeis e cousas que falan de todo o que teño por diante. O ciclo de literatura galega do Tortoni que, este ano, vai de Ferrín. O disco de Graciela Pereira que ten moi boa pinta. A lista dos libros que o neno maior vai usar este ano no colexio. Detrás, a lista dos teléfonos aos que teño que chamar para facer varias entrevistas.


As nubes brancas no ceo verde é un tríptico dun faro precioso de Marie-Anne Foucart que, algunha vez, quen sabe cando, vai ser un cadriño fermoso. A palabra serviettes me lembra os deberiños que teño sen facer para a clase de francés dos xoves. E, ainda que non se ven, teño as instruccións para escribir no milagre ese que é Praza e cousiñas que facer para a AIEG. Darei feito? Tecido por torredebabel en 10:43 2 nós no fío

Antes de ter fillos, non me preguntaba moito polos nomes das persoas. Tiña unha historia familiar sobre a maneira na que cada quen rematou sendo José, Grisel ou Marilín e gustábame pensar que, máis ou menos, a cousa sería así en todas as familias.

O caso é que, cando tiven que escoller eu un nome -daquela para o meu primeiro fillo- din en cavilar sobre os motivos, as pulsións que operan neses momentos. E apunto o de motivos e o de pulsións porque, se cadra, nin todo é tan conciente, nin tan irreflexivo como semella.

Coñezo xente que escolle o nome de moda, o de algún persoeiro ou celebridade e mesmo o das personaxes das teleseries. Aquí na Arxentina, na década dos ´90 pasaron unha telenovela protagonizada por un neno que era criado polos indios: Catriel. O éxito da historia e a novidade do horario no que a daban (ás 21) fixo que o que daquela era un nome descoñecido de todo pasase a ser levado por centos e centos de nenos.

Dende entón, a xente semella que descubriu os nomes vencellados aos poboadores orixinarios do país e hai unha chea de Ailén, Eilén, Tayel, Sami, Newén, Kalén, ou Wayra. O casó é que adoitan ser Ailén Fernández, Tayel Goldstein ou Newén Abbruzzesi.Outro tanto pasa cos filmes de Hollywood: cheíño está dos Kevin, Brian ou Jennifer que, de novo, son Brian Rodríguez, Kevin Steinschneider ou Jennifer Levecchi.

As mesturas, en si mesmas, no teñen nada de malo. Digo eu. Mesmo falan da escencia deste país: o coñecido crisol de razas. O malo, dende o meu punto de vista, é levar un nome que non é quen de decir algo de nós e da nosa historia.

Nisto, dende logo, hai cores para todos os gustos. E por iso, precisamente, chegado o momento de nomear aos nosos fillos, o meu home e mais eu buscamos que fosen o mesmo eles, a súa historia, a súa orixe e o seu nome.