-Situación sociolingüística-
Características lingüísticas fundamentais:
Continúa a inquedanza pola elaboración dun estándar para o galego. Serán as Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos os que leven a iniciativa coa publicación, respectivamente, do Vocabulario castellano-gallego e Algunhas normas pra unificazón do idioma galego e posteriormente a Engádega a algunhas normas pra unificazón do idioma galego. Algunhas achegas significativas deste momento son a escolla do i latino fronte ao grego, as grafías ll e ñ a elección de x, o abandono do apóstrofo, a redución do uso do guión e o uso do h etimolóxico.
Ademais, apareceron nesta época varias gramáticas como a de Carré Alvarellos Compendio de gramática galega e a Gramática do idioma galego de Lugrís Freire.
Contexto histórico:
Fúndase a RAG no 1905.
O movemento agrario remove as vellas estruturas sociais da sociedade galega.
Fúndanse as Irmandades da Fala, un dos seus obxectivos fundamentais é a promoción da lingua galega e cooficialidade co castelán en Galiza.
Fúndanse revistas literarias; a nosa terra e Nós entre outras.
Créase o Seminario de Estudos Galegos.
Todos estes feitos conclúen coa fundación do Partido Galeguista no 1931, a representación parlamentaria que vai obtendo durante a II República e a elaboración e posterior aprobación en referéndum do Estatuto de Autonomía que non chegou a entrar en vigor polo golpe militar do ano 1936.
dimarts, 27 de novembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada