dilluns, 11 de juny del 2012

Exposición na Galeria Sargadelos (Ferrol)


"Viramundo" toma o seu nome dunha canción de Sergio Mendes e o que se presenta hoxe aquí, como ben dí a canción, é realmente “ o viramundo virado, cortado a faça e façao, os desatinos da vida…” xa que á concepción inicial da obra engadíuse o destiño que fai mudar e transformar as vidas e as cousas.

O proxecto nace no 2009 coa idea de mergullarme no máis fondo de mín e facer unha viaxe pola memoria ata acadar o cerne da creación, ese momento íntimo no que esta xurde, rastrexando nos seus orixes.

O pasado como preludio, parafraseando a Sakespeare, dos cambios experimentados nun camiño cheo de voltas e xiros sobre mí mesma, a muller que fun e que son, eu e o meu alter ego, de terra e de aire. De ahí a presencia femenina contínua, e eu, dándolle as costas ao pasado ou camiñando, con botas vermellas tralo paxaro de lume, eu como ave fenix, renacendo despois de cada morte. Paxaros que aparecen de contínuo nas obras, libres ou engaiolados, mensaxeiros e portadores de ideas, aínda que as veces coas paxareiras atándoos á terra. Hoxe, tras un pequeño accidente ocurrido onte, dalgunhas obras só quedan as tripas penduradas nas paredes, como sinal dun novo inicio e a porta para unha nova creación, outra vez, a ave fénix, renacendo da destrucción.

Por otra banda a creación está asociada á fertilidade, ao nacemento, identficada coas deusas lunares Ártemis e Ixchel (algunhas agora magoadas), tamén representadas en varias obras, así como coa presenza de Violeta, a miña filla nalgún cadro. Xa decía Stefan Zweig na conferencia "El misterio de la creación artística", pronunciada en Buenos Aires que "a creación artística é algo sobrenatural nunha esfera espiritual que se substrae a toda observación" e así eu trazo unha liña entre o xermolar dun novo ser e a maxia da creación artística.

Ademáis outras representacións da creación, como é a música (Libertango, Fauno, Fado, A pegada de Igor, ou o propio título tomado dunha peza musical), así como a poesía, ese diálogo aberto con Ramiro Torres como unha fonte de retroalimentación artística.

Viramundo foi crecendo dende a primera exhibición xa que é un proxecto vivo no que algunhas obras deixan de ser e outras cobran sentido. Esta nova edición péchase cun tempo de reflexión, un entreacto que da inicio a un novo pulso, o pulso da terra, que comeza a enlazar con outra serie, na que a figura femenina se eclipsa tras a natureza.

Tamén no 2010 xurdíu unha especie de diálogo entre dúas linguaxes, a poesía de Ramiro Torres e a miña pintura, plasmado no meu blogue, nun espazo titulado "poemas para un cadro" e ao que hai uns meses se uníu Dubi Bahamonde, quen compuxo unha peza musical, Triángulo, engadindo así un terceiro elemento creativo.