-Vencello-
Preséntase en Santiago de Compostela Vencello, libro de texto elaborado por un equipo de profesores de Secundaria de Cataluña. Participan neste acto Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Sabela Labraña (Filologies Gallega i Portuguesa), coordinadora do Proxecto Galauda e Valerià Paül, coodinador de Vencello.
Esta publicación, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha edición actualizada tanto na norma como nos contidos. E, malia ser un manual dirixido principalmente a alumnado de fóra de Galicia, pode ser empregado no estudo da lingua e da cultura para galegofalantes.
O Proxecto Galauda xorde dentro do marco do Protocolo de Colaboración entre o Departament d'Educació da Generalitat de Catalunya e mais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, asinado en 1999 co obxecto de promover a lingua galega e catalá dentro dos centros de ensino secundario de ambas as dúas comunidades autónomas.
dimarts, 5 de juny del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada