diumenge, 3 de juny del 2012

Álvaro Cunqueiro i Ortigueira,no ano 1951

"Mi Ortigueira". Festas de Santa Marta de Ortigueira.
Texto escrito por Álvaro Cunqueiro no ano 1951 en tempos de oscuridade e tebras, sendo profesor no colexio de Santa Marta, cando colaboraba no semanario falanxista Era Azul.

Son moitas as investigacións e especulacións sobre a ideoloxía do autor mindoniense neses anos, se cadra de galeguismo encuberto daqueles que decidiron exiliarse interiormente dentro do seu país.

Independentementemente de cuestións ideolóxicas e políticas, sobra dicir que se trata dun texto fantástico de exaltación da nosa vila que nos parece un magnífico complemento a un lusco e fusco no peirao de Ortigueira, nunha tarde maina de inverno, e que nos recorda (só un pouquiño) ás pinturas de Joseph Mallord William Turner que inspiran o sentir romántico do noso autor ao describir a vila.