O artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dispón que os maiores
de dezanove anos de idade poderán acceder directamente ás ensinanzas artísticas superiores mediante a superación dunha proba específica, regulada e organizada polas administracións educativas, que acredite que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.
Para tal fin, as ordes do 30 de setembro de 2010 (DOG do 8 e 11 de outubro) polas que se establecen os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores en Música,Arte Dramática, Deseño, e Conservación e Restauración de Bens Culturais, dispoñen, no artigo 17, que os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente,e teñan dezanove anos cumpridos no ano de realización das probas, deberán superar a proba establecida no citado artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, debendo acreditar o aspirante os seus coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato.
En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso do alumnado que se atope en tales circunstancias, para o curso 2012-2013, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño, e Conservación e Restauración de Bens Culturais. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral.
dilluns, 11 de juny del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada