dimarts, 26 de juny del 2012

O galego na etapa franquista.de represión.


Os primeiros anos da dictadura son anos de represión dura e silencio.

 Houbo unha dialéctica clara, partía dun primeiro principio: a indisolubilidade da patria. Para cada patria, unha única lingua. O español pasa a ser a esencia da españolidade. O gañado na preguerra pérdese, a funcionalidade lingüística que se recuperara tamén se perde. Con todo o réxime franquista nos prohibe expresamente o galego. No plano cultural desaparece. Os intelectuais que quedan no pais ou gardan silencio ou escriben en castelán. Ata o 46 silencio absoluto.

Pero na emigración americana, nos exiliados, continúa o labor de recuperación (países centrais: Arxentina, Brasil, México, Venezuela e Cuba). Coa chegada dos exiliados as actividades vanse multiplicar nos centros culturais destes países (creación de editoriais, programas de radio en galego). Destaca o centro de Bos Aires como centro de intelectualidade e no que a lingua galega desempeña funcións que aquí tiña negadas. Intelectuais: Castelao, Rafael Dierte, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane.

A partir dos anos 50 hai unha lenta recuperación nos ámbitos culturais. Xa non 46 cabe citar a publicación dun libro de poemas que se titula “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia Alvariño. No ano 49 introducción da poesía: Benito Soto (pirata), Censo Emilio Ferreiro, M. Cuña Noras.. Nese mesmo ano publícase unha obra de Cabanillas titulada “Camiños do tempo”. Entre o ano 46 e o ano 68 aparece un suplemento cultural de un xornal de Santiago que se chamaba “La noche”; nel hai moitas celebracións en galego.

No ano 1950 aparece unha editorial “Galaxia” (pedra base da recuperación). O obxectivo desta editorial é que o galego sexa útil para calquera xénero ou tema e non so para usar folclóricos. De todas formas pese a isto o réxime combate calquera tentativa normalizadora. Con todo tipo de censuras, ataques...tamén a intelectualidade española do momento pois infravalora o galego como lingua de transmisión pública.