-Francisco Vázquez a Galliza.
"Non hai diferenza entre un xudeu perseguido polos nazis e un neno castigado por falar español"
O exalcalde socialista de A Coruña Francisco Vázquez xulga que "non hai ningunha diferenza" entre "un xudeu con estrela amarela perseguido polos nazis" e "un neno castigado por falar castelán no patio do colexio". "Non hai diferenza, é unha opresión", subliña.
Son as súas palabras no programa 'Foro Aberto' da TVG , onde quen tamén fose Embaixador ante a Santa Sé insistiu en que "é inconcibible nunha sociedade democrática" que un neno sexa castigado por "utilizar a súa lingua materna".
Cuestionado acerca da política lingüística para o ensino, mostrouse "defensor do que di a Constitución", que fixa que "todos os españois teñen o dereito e deber de usar e coñecer a lingua española" e que outorga a aquelas comunidades con lingua propia o "dereito" de facer o propio.
*Outra asunto sobre o que reflexiona no programa é a situación do seu partido, ao que achaca "un deriva radical". "Non nas posturas", matiza, senón de "ideoloxía", dado que agora "colle sempre as bandeiras 'frikis'.
"As dos antisistema, os okupas, os indignados. Non nos corresponde a nós e non debe preocuparnos, porque ao final son un ou dous millóns (de persoas), e as maiorías non están aí," remarcou, reivindicando así que o seu partido debería "ocupar o máis amplo espectro da esquerda".
Así, quen se define como "socialdemócrata, católico e españolista" contrapón a "solidariedade" que "preside" o ideario da súa formación coa "deslealdade" que "define a posición nacionalista", xa que "o seu único obxectivo é lograr a independencia e crear un estado propio".
dijous, 13 de desembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada