Somos galegos, en parte, porque temos unha lingua que nos diferencia dos
falantes doutras comunidades lingüísticas e temos unha cultura que, ao expresarse
en lingua galega, incorpora un xenuíno trazo de singularidade, sen perder por isto
vocación universal.
O galego é o máis claro marcador da nosa personalidade colectiva
e o noso ben cultural máis prezado. Un tesouro que debemos preservar.
A Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade no ano 1983,
e na que traballaron como deputados, con paixón e entusiasmo, Ramón Piñeiro e o
seu discípulo e colaborador Carlos Casares, é o marco legal de referencia para a política
lingüística en Galicia.
Esta lei, porén, carecía do acompañamento dun programa
de accións relacionadas e orientado a facer realidade os seus preceptos. Esta é, precisamente,
a función do Plan xeral de normalización da lingua galega, a cuxa aplicación
dedicará o Goberno que presido os esforzos e os medios necesarios.
O contido do plan, recollido no libro que teñen nas mans, aprobouse o 22 de
setembro de 2004, por unanimidade de todas as forzas políticas con representación
no Parlamento de Galicia. O consenso e o diálogo foron os impulsores do plan, refl
ectindo o desexo amplamente maioritario dos galegos e das galegas de desenvolver
a recuperación do galego dende a colaboración, o entendemento e a ausencia de
confl itos.
A chegada á Xunta de Galicia do novo Goberno prodúcese coincidindo co
momento no que o Plan xeral de normalización da lingua galega debe ser executado.
O Goberno galego deu axiña os primeiros pasos para facilitar este labor. A política
lingüística non será xa un elemento lateral da Administración e as accións dirixidas
a mellorar a situación do galego levaranse a cabo dende a totalidade da Xunta de
Galicia e das institucións que dela dependen.
Nesta dirección, unha das nosas primeiras decisións foi a de elevar o rango político
e administrativo do departamento que debe liderar o proceso de normalización
divendres, 7 de desembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada