O President de Glicia,Feijóo avanza que a Xunta destinará 11 m€ para a inmediata licitación conxunta da ampliación do hospital público do Salnés e de 15 centros de saúde comprometidos nesta lexislatura
Indica que o Goberno galego inicia, así, o expediente para licitar estas novas infraestruturas sanitarias, que acadarán un investimento total de 42 millóns de euros
Remarca que este acordo dá un impulso á atención primaria en Galicia e materializa o compromiso da Xunta de modernizar o hospital do Salnés, coa primeira licitación de parte do orzamento necesario para ampliar a área de urxencias e a zona cirúrxica
“Imos seguir investindo en infraestruturas sanitarias por entender que son infraestruturas prioritarias fronte á crise, que consolidan emprego na execución de obra pública e que son necesarias para diminuír os custos correntes da sanidade e para aumentar os custos na sanidade produtiva; é dicir, na sanidade que mira pola diminución das listas de espera”, esgrime
Informa do acordo que a Consellería de Sanidade asinará co ministerio para fixar as condicións de adquisición de vacinas, tanto as incluídas no calendario oficial de vacinación infantil como doutras, e que comportaría un aforro de 20 millóns de euros
dimecres, 1 d’agost del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada