dijous, 2 d’agost del 2012

Sumarse á Ruta do Europincho (2012)

Cultura e ACITUI animan aos establecementos de hostalería e restauración de Tui á sumarse á Ruta do Europincho


A Concellería de Cultura do Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convidan aos establecementos de hostalería e restauración da cidade a participar na ruta do Europincho que se vai celebrar o venres 10 e o sábado 11 de agosto.

Cultura e Educación enche o Gaiás de circo, espectáculos e xogos o vindeiro 25 de agosto co festival “cidade imaxinaria”

Unha viaxe ao mundo máxico do circo, ao balbordo das feiras de principios de século e aos invento e ilusións ópticas nunha xornada chea de espectáculos, xogos e obradoiros totalmente de balde para toda a familia. Esta é a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro 25 de agosto cando o complexo do Gaiás se converta durante todo o día nunha Cidade Imaxinaria.