Loiba é terra de tradicións e de personaxes curiosos,saïdes das máis profundas entranas do pobo-.É o caso do "Cego da Riera",que araba con tiraliñas con só ouvir unha voz dende a outra banda do terreo ó principia-la laboura-.
Ou o do "Cego de Loiba",que animaba coas súas coplas festas,romerias e parrandas,facendo famosas aquelas de "Eu son o cego de Loiba/Todos me mandan cantar/E non hai un que me diga/Toma,cego pra fumar".
Pero quizais o máis sorprendente fora "Benito da Culpa",aquel pobre "tonto" que durante toda a súa vida non deixou de escoita-la acusación de ter rachado a campá da Igrexa,e por mais que xuraba negándoo,no deixaron de llo repetir a cotío.
A Igrexa parroquial de Loiba,reconstruída neste século con gusto gótico sinxelo,dalle nome ó lugar onde se ergue,no que tamén se atopan a Casa Rectoral,antiga,e o Grupo Escolar que os loibeses custearon por subscripción popular sendo cura o lembrado Salvador Díaz Cora.
A costa de Loiba,onde os cantís de lousa reciben as constantes potadas do mar,ten dibuixada na súa parte baixa unha variada paisaxe de entrantes e saíntes na que se esconden covas chamadas "furnas"-.Só a presencia de pequenas praias suavizan a costa,impresionante no seu conxunto.
D´se na parroquia de Loiba que as súas campás soan o peculiar ritmo do "ten-quen-ten" as pertenecen á capela de lugar montañoso de Soutomor.
divendres, 24 d’agost del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada