dijous, 2 de maig del 2013

A situación legal da Lingua galega muda e se transforma de xeito.


- A Constitución recoñece ao galego como lingua oficial de Galiza; é unha cooficialidade asimétrica pois respecto do castelán temos deberes e dereito fronte ás outras linguas españolas das que só temos dereitos.

- O estatuto de Autonomía confirma o estipulado na Constitución e establece os deberes dos poderes públicos con respecto á lingua, sendo o galego a lingua propia de Galiza.

- A Lei de Normalización Lingüística conseguer a incorporación do galego, por exemplo, de xeito definitivo ao ensino e marca o camiño para outros moitos ámbitos.

- O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2007 aprobado por unanimidade no Parlamento Galego establece medidas para estender o uso do galego a todos os sectores da poboación.

- O Decreto 124/2007 de 28 de xuño regula a presenza do galego no ensino.

- En 1992, no marco europeo, o Parlamento de Estrasburgo aprobou a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias, que ampara os dereitos de linguas como o galego. O goberno español ratificou os acordos da carta en 2001.

A presenza do galego na sociedade galega neste período modificouse de xeito substancial. A presenza da nosa lingua en ámbitos de uso que lle eran alleos é considerable (política, ensino, timidamente nos medios de comunicación, literatura, mundo da cultura) aínda que hai outros lle seguen vedados ou a súa presenza é escasa ou pouco representativa (igrexa, xustiza, medios de comunicación,…)

O proceso de normalización non está rematado e a situación da lingua galega sendo a maioritaria dos galegos e galegas continúa a ser minorizada polo que podemos concluír que a mellora das actitudes cara á lingua non mudou substancialmente os efectos do conflito lingüístico.