diumenge, 5 de maig del 2013

A fadista Maria do Ceo recala hoxe no Auditorio de Cangas.

Recén chegada dunha xira por Alemaña, a fadista María do Ceo recala hoxe (19.00 horas) no Auditorio de Cangas nun concerto gratuito para repasar o repertorio colleitado en 20 anos de traballo e 10 discos editados.

O último, "Fado con outro acento", ven a testemuñar ese percorrido da artista desde Porto, donde naceu, ata Galicia, onde reside. Dela din que é fado en estado puro e actualmente está considerada unha fadista tradicional.


Con Merkel apretando e vostede de fados por aí? Como lle foi?

Pois a verdade é que moi ben. Hai moito español emigrante, pero os alemáns foron maioritarios nos meus concertos. O fado é internacional, más aínda desde que foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade, que axuda a difundilo máis. Imaxínate aos alemáns cantando "Cheira ben, cheira a Lisboa".

No Morrazo haberá menos distancia coa língua.

Eu son fusión entre o portugués e o galego, lamento e dozura que lle gusta ao público. En Cangas interpretarei temas da miña carreira como fadista, pero tamén algún en castelán, e mesmo estrenarei un da banda sonora da película "Años después", con poemas de Armando González. E, claro, incidirei nas cancións de "Fado con outro acento", editado en maio e reivindicativo do camiño que percorre o fado desde Porto, onde nacín, ata Galicia, onde resido..

Malos tempos para a lírica..

Malísimos. Os artistas temos que pensarnos moito se gravar un disco ou non, ou se facer xiras, porque o mercado está como está. En décadas pasadas facíase unha xira e ao rematar gravabas o disco. Logo xa tiñas que gravar o disco para convencelos de que te contrataran. - agora xa é unha aventura case imposible, porque os poucos discos que se venden non dan para gastos. Antes de sacar un pé para fóra tes que ver moi ben se chove..