-A historia en imaxes de Santa Comba, a un clic-
A web santacombanamemoria.es recrea a historia do concello a través de fotografías de veciños // O impulsor do proxecto, José María Suárez Mariño, sinalou que consta de máis de 5.000 imaxes
Xogos deportivos en Santa Comba (anos 70) .Entrevista José Mª Suárez Mariño, www.santacombanamemoria.es
Os veciños de Santa Comba xa poden coñecer a través de imaxes a súa historia grazas á web www.santacombanamemoria.es que recrea, a través de máis de 5.000 fotografías, a historia deste concello.
A iniciativa, deuna a coñecer en Radio Obradoiro, José maría Suárez Mariño, traballador do consistorio e impulsor dun proxecto que naceu cara o ano 2005. "En Santa Comba, a comezos do de 2000 publicarase un libro sobre a historia do concello, pero faltaba escoitar as historias familiares que se escoitaban na casa sobre o fútbol, a mina, a emigración, etc."
Así, realizouse un intenso traballo de recompilación que consistiu en ir casa por casa recollendo imaxes dos álbumes persoais dos veciños. "Ao principio a xente era un tanto reacia a ceder as súas fotografías familiares para que foran escaneadas, pero finalmente conseguimos a participación de máis de 200 persoas".
Durante esa fase, "recollemos todo o que tiña que ver coa vida do concello. En total, unhas 7.000 fotografías das que seleccionamos 4.000 que houbo que identificar"
O proxecto de dixitalización non tivo ningún custe económico, pero si o tivo a realización de plotters para que estas imaxes foran levadas a unha exitosa exposición no Museo Terra do Xallas. Agora, toda esa documentación fotográfica está dispoñible na internet grazas á web creada por José Luis Varela, integrante do programa de voluntariado dixital da Axencia para a Modernización de Galicia.
A páxina recolle a evolución da automoción no concello, a historia dos clubes deportivos, as festas, a emigración ou imaxes, por exemplo, da antiga igrexa románica, xa desaparecida. "Grazas a esas fotografías do templo poidemos realizar unha maqueta que pode visitarse no Museo Terra do Xallas e incluso descubrimos que veciños gardaron na súa casa parte do retablo que ía ser queimado".
Actualmente o proxecto segue medrando coa recompilación das viñetas e caricaturas do médico e debuxante Antonio Tomé 'Atomé' e coa realización de fotografías das igrexas do concello.
dimecres, 15 de maig del 2013
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada