dimarts, 22 de gener del 2013

Para mañá día 23 de xaneiro de 2013 NEVADAS

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia avisan dun fenómeno meteorolóxico adverso para mañá día 23 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico da Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulación de neve superior a 10 cm; e no Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras, unha acumulación superior a 2 cm.


Ante a devandita situación de risco, a Comisión de Alertas acordou para mañá, día 23 de xaneiro de 2013, o seguinte:

A suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense.

A non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.

Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112  e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.