dimarts, 29 de gener del 2013

Galicia estremeira -Galicia irredenta ou Faixa leste.

-Galicia estremeira-


Administración 47 concellos .Comunidades actuais Castela e León e Asturias .Superficie aproximada 3.200 km² e  Poboación aproximada 60.000 hab.

Galicia estremeira ou Galiza irredenta é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que na actualidade se atopan fóra das fronteiras de Galicia, baixo a administración de Castela e León e Asturias.

Vencellados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galicia, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación na propia Galicia

Xeografía
Terra Eo-Navia,As Portelas e Calabor .O Bierzo.

Historia
O Bierzo (1486)
As Portelas e Calabor (1789)
Eo-Navia (século XII)

Lingua e Peculiaridades

Concepto e termo
O termo irredenta, que é o máis amplamente estendido, fai referencia, segundo o dicionario da Real Academia Galega, a aquilo que está sen redimir, aplicado en particular ao territorio que, por razóns étnicas ou históricas unha nación quere anexionar.De xeito máis minoritario, este territorio tamén recibe o nome de Faixa oriental, Faixa Leste, Galiza exterior, Galiza oriental, Galiza Leste ou Galiza non autonómica.

Xeografía:Mapa do dominio lingüistico galego ou galego-portugués nos 19 concellos da Terra Eo-Navia. Ibias (1), Degaña (2), Allande (3), Grandas de Salime (4), Pezós (5), San Martín de Ozcos (6), Santalla de Ozcos (7), Eilao (8), Vilanova de Ozcos (9), Taramundi (10), Santiso de Abres (11), A Veiga (12), Boal (13), Villaión (14), Navia (15), Coaña (16), El Franco (17), Tapia (18) e Castropol (19).A Galicia estremeira ou irredenta é un territorio en forma de franxa, de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura, situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos máis occidentais do Principado de Asturias, situados entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao