dijous, 27 de setembre del 2012
Ortigueira un "revulsivo turistico" das Rias Altas
O festival internacional do mundo celta presentouse onte e celebrarase do 12 ao 15 de xullo//Blazin Fiddles, Jamie Smith's Mabon e Electric Céilí, en cartel.
Rafael Girón e Carmen Pardo, onte na presentación do Festival de Ortigueira -2012
O grupo escocés Blazin fiddles, os galeses Jamie Smith's Mabon e os irlandeses Electric Céilí serán as bandas que encabezarán a XXVIII edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (A Coruña), que actuará de "revulsivo turístico" das Rías Altas dende o día 12 ao 15 de xullo.
Así o presentaron este sábado, en rolda de prensa, a secretaria xeral para ou Turismo, Carmen Pardo; o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón; e o coordinador do evento, Alberto Balboa, os que coincidiron ao destacar que o "esforzo" realizado polo Concello ortegano para "sacar adiante" unha nova edición desta cita folk malia a "limitación económica".
En concreto, o coordinador do certame detallou que as "tres claves" do cartel 2012 serán a "oferta de concertos únicos en España", como os de Blazin fiddles, Jamie Smith' s Mabon e Electric céilí; "o apoio a grupos emerxentes" a través do concurso Runas' así como o "grande protagonismo" das bandas de gaitas de celtas como Bretaña, Escocia e, "por suposto", Galicia.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada