A sorpresa en Boqueixón trala detención onte do alcalde, Adolfo Gacio, no marco da Operación Pokemon foi maiúscula. Así o sinalaba esta mañá en Radio Obradoiro o voceiro local do BNG. Xabier Canabal explicou que tivo ocasión de falar onte co tenente de alcalde e que "estaba totalmente sorprendido, á espera de que a avogada se puxera en contacto co concello esta mañá".
Canabal valora o acontecido "con total prudencia e agardando a que a xustiza faga o seu traballo". Segundo dixo, "unha vez actúe, esixiremos coñecer todos os detalles da operación, porque nos parece un asunto grave e porque tal e como se desenvolveron os feitos, hai indicios de que hai cousas que explicar".
Os axentes que detiveron onte ao rexedor levaron do consistorio o expediente de contratación do servizo de axuda no fogar que o concello adxudicara a empresa Sermasa, do grupo Vendex. Sobre este asunto, Canabal dixo que " nese expediente, tralas valoracións dos técnicos e das ofertas económicas, non se detectaron ningunhas irregularidades. Teñen que vir desde outro ámbito, non do administrativo, porque a documentación estaba en regla".
O edil di que os veciños están "conmocionados e á expectativa". Sostén que "o goberno debería ter actuado con moita máis dilixencia, convocar aos concelleiros e facer unha declaración institucional para tranquilizar aos cidadáns". Segundo dixo, "esperamos reunirnos á tarde e tomar algunha decisión, porque hai que nomear ao alcalde en funcións".
dissabte, 22 de setembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada