A Consellería de Cultura e Educación outorgaralle a maior protección ao Pazo de Fefiñáns coa súa declaración como Ben de Interese Cultural.O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto de incoación do procedemento para a declaración, coa categoría de monumento, deste senlleiro edificio cambadés
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a avanzar no procedemento para outorgar ao cambadés Pazo de Fefiñáns a maior protección patrimonial, a través da súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). Neste camiño, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se incoa o procedemento para a declaración de BIC, coa categoría de monumento, deste senlleiro edificio; ao tempo que se dispón a apertura dun período de información pública durante o prazo dun mes desde mañá.
Deste xeito, a Xunta de Galicia cumpre co comprometido polo propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, quen anunciou a comezos do pasado mes de agosto que o Goberno galego estaba a traballar para que Fefiñáns fora BIC. De feito, o Consello da Xunta xa lle deu o visto e prace a esta declaración, que inclúe no conxunto a Igrexa de San Bieito, tanto polo seu valor patrimonial, como por ter sido a capela do Pazo. Esta declaración únese, ademais, á da do conxunto histórico-artístico da vila como BIC no ano 2001.
Perímetro de protección
Para delimitar o catálogo de bens obxecto de protección así como o seu perímetro, a Consellería de Cultura e Educación, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, analizou os informes Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora don Rosario, do Consello da Cultura Galega e da Universidade de Santiago de Compostela; todos eles favorables á declaración de Fefiñáns como BIC.
Deste xeito, ademais do propio edificio do pazo e a igrexa de San Bieito, decláranse BIC as edificacións anexas, como as cortes dos cabalos e adegas; e os bens mobles vinculados a ambos os edificios, tales como retratos, esculturas, retablos, escudos, e mobiliario diverso.No que atinxe ao perímetro de protección do BIC, o decreto amplía esta área respecto do expediente incoada inicialmente, dando resposta ás recomendacións dos devanditos órganos consultados. Deste xeito, o perímetro é o indicado na imaxe anexa.
dilluns, 17 de setembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada