A histórica agrupación folclórica Cantigas e Agarimos mantén aberto o prazo de matrícula para as súas actividades. O seu presidente explicou en Radio Obradoiro que a Escola oferta este ano os cursos habituais (baile e percusión tradicional, gaita, pandeireta e solfexo) e incorpora novas actividades, como requinta, piano, acordeón e guitarra.
Antón Fernández sinalou que os cursos van dirixidos a todas as idades e que o custe da matrícula é moasequible. "Os nosos prezos levan moitos anos sendo 'anticrise'. Hai cinco anos que non os subimos".
Cantigas e Agarimos, que se trasladou do seu local na Algalia de Arriba ao barrio do Castiñeiriño en abril de 2011, tamén realiza obradoiros de 10 e 15 horas relacionados co baile e a música tradicional.
Os interesados en matricularse poden facelo achegándose en horario de tarde á sede da agrupación, no primeiro andar do antigo colexio do Castiñeiriño. Máis información na web de Cantigas e Agarimos.
divendres, 28 de setembre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada