dimecres, 21 de maig del 2014
Un Xacemento con molta Història a Galliza
Os traballos arqueolóxicos en Cova Eirós comezaron no ano 2008, e desde entón o xacemento proporcionou achados de grande importancia para ampliar o coñecemento sobre a época prehistórica en Galicia.
*Un colgante atopado neste Xacemento e elaborado a partir dun canino dun pequeno carnívoro pon de manifesto a presenza humana no noroeste peninsular desde hai uns 26.000 anos, en pleno período álxido da última glaciación.
*Entre outros achados encontrados nesta cova destaca a aparición de máis elementos de industria ósea nos niveis do Paleolítico superior, nomeadamente a presenza dunha azagaia decorada. Por outra banda, nos niveis do Paleolítico medio, cando a cova estaba ocupada por neandertais, foron recuperadas numerosas ferramentas líticas en seixo e cuarcita.
*Cova Eirós consolídase como un xacemento de referencia no norte peninsular para estudar as similitudes e diferenzas entre dúas especies de homínidos (homo sapiens e neandertal) nun mesmo contorno e xacemento. Os traballos nesta escavación compleméntanse cos da Cova de Valdavara (Becerreá), onde os investigadores do GEPN da USC levan traballando desde 2007 nos seus tres Xacementos.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada