dilluns, 19 de maig del 2014
Quen valora a súa lingua,valórase a si mesmo e valora o seu.
Quen valora a súa lingua, está en mellores condicións de saír polo mundo adiante para vender os seus produtos ou para poñer en marcha os seus proxectos
*Falantes de vello, neofalantes, cada un coas súas peculiaridades, como diferenzas hai entre mozos e vellos, entre xentes do mar e do campo, obreiros, funcionarios ou empresarios… temos por diante a oportunidade de profundar no uso e dignificación da nosa lingua, de nós mesmos como comunidade.
*Tal e como aspiramos a facer cada día mellor o noso traballo, tal e como desexamos mellorar os nosos coñecementos, tamén debemos aspirar a mellorar o noso galego. Ninguén vai pedir un café ou unha cervexa cos xiros dun estudo xurídico nin dun especialista en lírica medieval ou física cuántica, pero tampouco por iso imos inculcar aos nosos fillos e fillas que galego é sinónimo de informalidade e vulgaridade.
*As apelacións á ignorancia só xeran máis ignorancia, na lingua que sexa. Saibamos apreciar os distintos rexistros e variantes do noso idioma, pero estimemos positivamente o bo que é mellorar no seu uso. Quen valora a súa lingua, valórase a si mesmo e valora o seu. E está en mellores condicións de saír polo mundo adiante para vender os seus produtos ou para poñer en marcha os seus proxectos. Quen se respecta a si mesmo farase respectar ante os demais.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada