dijous, 1 de maig del 2014
Facer populars obras de Straus,Verdi ou Schubert en galego
Paco Montero amosa que é posible trasladar arias das óperas máis famosas a nosa lingua. O disco “O Danubio azul”, gravado nos estudios Penteo de Serantes, é a proba contundente.
*Eu considérome galego e galeguista. Quero a miña lingua e non me gustaría que se perdese. Agora vivimos nun intre en que volve ser necesario dignificala e tomar conciencia da súa validez, así que quixen demostrar o fermosa e útil que pode ser no terreo da lírica. Strauss, Verdi ou Schubert encaixan como unha luva co galego.
*Levoume case dous anos, gravando as pezas nos sensacionais estudios de dobraxe Penteo de Serantes. Hai moitas colaboracións e adicatorias. Pola miña parte fixen un gran esforzo adaptando pezas máis grandes a un formato máis pequeno, sintetizando cos arranxos e traducindo ao galego os textos.
*Somos un pobo rexo de espírito, pero tamén cunhas gañas de troula e unha ironía potentísima. Quixen subliñar este carácter noso, humorístico, porque tamén está na nosa terra.Quero dicir que aos parados ou xente que non o poda mercar que mo diga e regálollo, doullo sen problemas. De tódolos xeitos posiblemente acabe poñéndoo tamén na páxina web dos estudios Penteo.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada