dissabte, 3 de maig del 2014
O Bierzo,fragmentación do Reino de Galiza
Mentres que para uns autores o reino de Galiza remataba na fronteira natural dos montes do Cebreiro, para outros facíao na periferia da vila de Ponferrada[6], chegándose incluso a considerar o territorio berciano como unha entidade propia debido á súa condición xeográfica limítrofe. Os séculos posteriores, porén, consolidarían finalmente o occidente do Bierzo na vida política e social galega ata finais do século XV.
*Será precisamente nese século cando o conde de Lemos, Pedro Álavez Osorio, el mayor señor de aquel reyno de Galicia[7] sufra o acoso total dos irmandiños (incluídos os bercianos), cando máis de 30.000 deles o sitien no Castelo de Ponferrada[8], corazón do Bierzo, a súa confrontación coa Real Audiencia e os Reis Católicos suporíalle á casa de Lemos, a división do condado no ano 1486, mercando Ponferrada os propios Reis Católicos e creando o marquesado de Vilafranca. Dese xeito recaeu o Bierzo en mans castelán-leonesas, definíndose o límite entre o reino de Galiza e o de León, que pasaba a situarse no Cebreiro.
*Non obstante, isto non impediu que o territorio berciano continuase a ser tradicionalmente considerado parte integrante de Galiza, así escritores e humanistas como Fernán Pérez de Oliva, Jerónimo Zurita[9], Lope de Vega, e viaxeiros como Bartolomé de Villalba y Estraña, Caumont, Claude de Bronseval, Arnold von Harff e outros, continuaron a considerar na súa obra o Bierzo occidental como parte do reino de Galiza, aludindo a diferentes enclaves como galegos, (Ponferrada) llave e principio del reyno de Gallizia[10], (Vilafranca do Bierzo) tiene esta villa buena vega, aunque ya está en Galicia[11], mesmo afirmando firmemente que: Pont Ferrat (Ponferrada), fin d’Espagne, commencement de Galice (Ponferrada, fin de España e comezo de Galiza).
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada