dilluns, 29 d’octubre del 2012

Terra Eo-NaviaA Terra Eo-Navia,Navia-Eo.

 Mapa do dominio lingüistico galego ou galego-portugués nos 19 concellos da Terra Eo-Navia. Ibias (1), Degaña (2), Allande (3), Grandas de Salime (4), Pezós (5), San Martín de Ozcos (6), Santalla de Ozcos (7), Eilao (8), Vilanova de Ozcos (9), Taramundi (10), Santiso de Abres (11), A Veiga (12), Boal (13), Villaión (14), Navia (15), Coaña (16), El Franco (17), Tapia (18) e Castropol (19).

A Galicia estremeira ou irredenta é un territorio en forma de franxa, de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura, situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos máis occidentais do Principado de Asturias, situados entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao río Navia). A pesar das diferenzas administrativas entre as diversas zonas desta longa franxa, todas teñen en común unha lingua e por tanto en boa parte unha cultura que comparten aínda hoxe coa Galicia autonómica.

Tradicionalmente vénse dividindo ou agrupando estes territorios en tres partes: Eo-Navia, Bierzo e Portelas / Seabra. Se ben, recentemente apareceu unha nova proposta de comarcalización destes territorios por parte dunha organización política[5] que divide estes territorios en cinco comarcas: Terra do Navia-Eo, Val do Ibias, o Bierzo, a Cabreira e a Seabra. Analizamos aquí as diferentes comarcas atendendo á primeira división por ser a máis estendida e coñecida:

Terra Eo-NaviaA Terra Eo-Navia, Navia-Eo ou Entrambasaguas, son as denominacións que recibe a rexión de lingua galega que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia. O termo Terra Eo-Navia, trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional, e na que se inclúen os seguinte concellos: