Os vehículos sometidos a control foron 4.678
O concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos resultados da campaña sobre o respecto aos semáforos en vermello realizada entre o 22 e o 28 de outubro. Os datos indican que só o 0,74% dos condutores se saltaron o semáforo en vermello.
A campaña realizouse ó longo de toda a semana en diferentes puntos da cidade e de maneira esporádica. Os vehículos sometidos a control foron 4.678 e tan só 33 foron denunciados.
Para o concelleiro, estes datos son "moi significativos e positivos". A campaña tiña como obxectivo concienciar os condutores sobre a importancia do respecto aos semáforos. Anunciou igualmente que na vindeira semana se realizará unha campaña de transporte escolar e, no mes de decembro, outra de alcoholemia
dimarts, 30 d’octubre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada