A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa promovendo o uso da lingua galega nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio do programa de actividades ‘FalaRedes’, impulsado desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que chegará esta longa fin de semana aos municipios da Laracha, A Estrada, Ponteceso, A Cañiza, A Bola e Celanova.
Logo do parón estival, a actividade destinada ao público xuvenil comezará a recta final do programa na Laracha, onde os alumnos do IES Agra de Leborís poderán aprender a arte do hip-hop cun profesor de luxo, García MC, voz do grupo Dios ke te Crew. Unha vez aprendidas as técnicas básicas e un pouco de historia sobre esta moderna forma de expresión, serán os propios adolescentes os que se lancen á composición dunha canción. Os titiriteiros de Viravolta, mentres tanto, introducirán aos asistentes na confección dun monicreque, co que finalmente deberán interpretar a súa peza musical.
Todas as actuacións serán gravadas en vídeo e penduradas despois no blog http://titerehop.wordpress.com/, onde estarán a disposición dos novos artistas para poder descargalas en formato mp3 e engadilas a calquera dispositivo móbil. A actividade tamén chegará ao Carballiño na tarde do luns.
Galego de ine
Os máis pequenos da casa tamén teñen un oco na programación de actividades gratuítas que compoñen FalaRedes. Con Galego de cine, os rapaces de 6 a 12 anos poderán converterse en espectadores das mellores curtametraxes producidas en galego sen moverse da súa vila. Un cinema con rodas achegaralles máis dunha ducia de filmes de animación e permitiralles dar o salto á grande pantalla mediante un video-matón. Será o revisor das palabras quen guíe aos cativos na linguaxe audiovisual e na comprensión das temáticas propostas nas diferentes curtas. Ao final da sesión, todos os participantes crearán unha nova historia improvisando cada un deles unha parte.
Como en Titerehop, todas as experiencias estarán ao dispor dos asistentes e as súas familias en www.galegodecine.org, web na que se abrirá unha votación ao remate do programa para escoller a mellor curtametraxe. Esta fin de semana, engrosarán a lista de máis de 90 peciñas audiovisuais as que creen os rapaces de Ponteceso que se acheguen á Fundación Eduardo Pondal. A actividade desenvólvese no marco do coñecido Outono Pondaliano que a fundación pontecesá, membro integrante da RDL, programa durante este mes.
diumenge, 14 d’octubre del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada