dijous, 6 de juny del 2013
LUAR NA LUBRE CREAT NA CIDADE DA CORUÑA
Luar na Lubre foi creado en 1985 na cidade da Coruña por Bieito Romero (aínda que dous anos antes da creación oficial do grupo se editou unha maqueta chamada Ara Solis) e foi tecendo a súa traxectoria paseniñamente no eido musical galego até que a través da súa colaboración con Mike Oldfield nunha xira no ano 1992 tivo unha grande eclosión e a consecuencia desta deuse a coñecer a público ao que non chegara antes, isto viuse acrecentado pola versión que Oldfield fixo, e publicou con grande éxito, de "O son do ar" en ''The voyager co título "The song of the sun", un tema instrumental do grupo.
Non todos os grupos poden superar un éxito de tamañas dimensións sen diluír os seus principios ou saír da situación de tan boa maneira como conseguiron eles. Na actualidade continúan a súa singradura no seu estilo e, ao tempo, experimentando con algunhas novidades.
Os instrumentos que usan son: gaita galega (e algunha que outra introdución de uilleann pipe), acordeón diatónico, violín, frautas e whistles, chelo, guitarra acústica, bouzouki, pandeireta, bohdran e percusións. O grupo tivo na súa historia catro voces femininas: nos primeiros anos Ana Espinosa, posteriormente Rosa Cedrón e a portuguesa Sara Louraço Vidal, e, por último, a súa voz actual, a coruñesa Paula Rey.
Luar na Lubre resalta a cultura galega con temas tradicionais, mais tampouco quedan fora as influencias celtas de países como Irlanda, Escocia ou a Bretaña , así como unha estreita relación coa música portuguesa, pola estima que lle teñen a José Afonso, reflectida na canción "Tu gitana", que se veu reforzada coa entrada da nova cantante.
Este grupo tamén ten conciencia e compromiso social coa actualidade, plasmada en cancións coma "Memoria da noite", que comenta as consecuencias da catástrofe do Prestige no ano 2003 nas costas galegas. Evidentemente desde 1985 o estilo e tendencias do grupo evolucionou moito, cada vez soan mellor no estudio de gravación, pero sobresaen especialmente no directo.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada