diumenge, 16 de març del 2014
O galego de 1936 a 1975:situación do Idioma
Despois do triunfo das tropas franquistas na GUERRA CIVIL (1936-39), a ditadura militar instaurada polos vencedores practica contra os intelectuais unha represión feroz e a lingua galega perde toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público. O emprego do galego é só familiar e coloquial; con todo segue sendo o idioma máis falado.
*A ditadura conta con medios moi poderosos: a escola, a Igrexa e a Administración, nas que o único vehículo de comunicación real e oficial era o castelán. Estes órganos non só ignorarán a existencia do idioma, senón que tamén reprimirán o uso do mesmo. Diversos decretos van impoñendo obrigas como rotular os locais comerciais só en castelán, non permitir nomes en galego, catalán e vasco no momento de bautizar ou inscribir un fillo no Rexistro Civil, non traducir obras da literatura universal, etc.
*Calquera defensa do galego que se faga, por tímida que sexa, será vista como un acto perigoso e a persoa que a formula pasará a engrosar as listas de sospeitosos de profesar ideas “separatistas”.
*Todos estes axentes castelanizadores acentuarán o proceso de desgaleguización idiomática e provocarán unha intensa difusión dos prexuízos e dos comportamentos diglósicos na sociedade.
*A cultura galega só sobrevive no exilio americano. Alí aparecen as editoriais Galicia, Nova e Citania; tamén alí teñen lugar aqueles actos que resultan impensables na Galicia real: conferencias, emisións radiofónicas e publicacións periódicas nas que se utiliza o galego.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada