dissabte, 15 de març del 2014

As pàxinas história de Galiza

O obxectivo deste sítio é recoller e organizar as ligazóns existentes relacionadas coa história (e pré-história) da Galiza. Aqui reunirá-se de maneira estruturada o material que se vaia publicando, de xeito que sexa doado achar información sobre calquer época ou feito histórico. As seccións son de dous tipos: dunha parte, as épocas, que constituen a parte central do sítio. Doutra, páxinas con referéncias de conteúdos variados: histórias locais, cronoloxias e sínteses, biografias, histórias especializadas, reflexións historiográficas, asi como ligazóns con museus, arquivos e publicacións electrónicas. Tamén hai unha sección dedicada a organizacións profisionais dedicadas à investigación e outra na que se recollen "curiosidades". As páxinas dedicadas ás cinco grandes etapas históricas van precedidas dunha introdución breve que axuda a percorrer rapidamente eses períodos, asi como de pequenos textos que explican o tipo de ligazóns que se reúne en cada sección.