divendres, 6 de setembre del 2013
Pedagoga e Mestra na Estrada,Vanessa Arca Magariños
Sempre quixen que este blog teña utilidade no día a día educativo e, con certa frecuencia, veremos recursos educativos na rede de interese. Con esta finalidade, hai uns días púxenme a facer pescuda das mellores webs educativas e tópome cun dos premios de referencia a nivel estatal que analiza e valora exclusivamente blogs neste eido: o premio Espiral. Entre a amalgama de títulos en castelán e catalán vexo un polo medio que se titulaba “Os pícaros de Vane“; soupen que non podía ser outra máis ca Vanesa Arca Magariños, unha brillante profesional de educación infantil coa que comparto opositores, plantexamentos pedagóxicos, decretos, máis dunha reflexión e varios gigas de terapias colectivas. Tras facer clic no enlace, a miña satisfacción creceu ate as antípodas do insospeitado ao comprobar que, efectivamente, era ela. Vexamos qué nos recomenda…
A súa concepción inicial foi mudando nos últimos anos, xa que foi medrando en forma, contido e repercusión, configurándose como unha nova canle cunha triple finalidade: permitirlle ás familias entrar no día a día da aula e mantelos informados de todas as novas, permitirlle ao alumnado ver e repasar todo o que realizamos dentro da aula e compartilo no seo familiar e, sobre todo, a min como titora, permíteme revisar continuamente o proceso de ensino- aprendizaxe e realizar as modificacións oportunas.
É importante que os mestres e mestras creemos un blog no que se poida ver o noso traballo, xa é que esta una estupenda forma de comunicación con outros profesionais , permite intercambio de ideas e apertura de miras; o que pretendemos é non cometer o erro de permanecer illados no contexto da nosa aula ou no noso centro, sen mirar o que se fai no nosa contorna.
En canto as familias, como xa comentei, é una boa forma de implicalos na labor que se leva a cabo nas escolas e de facelos partícipes da educación dos seus fillos, tan importante na actualidade.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada