dimecres, 18 de setembre del 2013
Concello da provincia de Pontevedra con major personalidade.
Concello da provincia de Pontevedra que aparece delimitado polos da Estrada, Cerdedo, A Lama e Cotobade, xunto cos do Irixo, Lalín e Beariz. Comprende trece parroquias e está dentro dunha das comarcas galegas con maior personalidade.
A Terra de Montes. O concello, labrado sobre todo en materiais graníticos e gnéisicos, entra polas abas das serras occidentais galegas (Candás, Suído), con altitudes superiores aos 500 m. As súas peculiaridades climáticas derívanse da súa situación de transición entre un dominio oceánico húmido, as Rías Baixas, e o oceánico mediterráneo, que achamos unha vez pasadas as serras occidentais, nas comarcas miñotas de Ourense.
É por iso que as precipitacións aumentan con respecto á costa próxima. A poboación sitúase nos vales e bocarribeiras en pequenas aldeas sen superar a densidade de 40 hab./km2. A proximidade das áreas industriais da Galicia costeira provocou un claro retroceso da poboación. En 1925 a poboación do concello era de 9.172 hab. e en 1970 só atinxía a cifra de 7.042.
A Terra de Montes foi o berce de grandes mestres canteiros como se pode ver nos diferentes cruceiros das freguesías. Destaca entre toda a riqueza monumental o conxunto de Acibeiro e as ruínas da fortaleza de Castro de Montes.
O lugar de Forcarei, a 48 km. de Pontevedra é a capital do concello e pertence á parroquia de San Martiño de Forcarei, que conta con máis de 1.100 habitantes. A igrexa parroquial de fins do XVIII ten unha fachada neoclásica e un fermoso pináculo con cruz de ferro.
A 11 km de Forcarei está Soutelo de Montes, un fermoso e crecente lugar que medra de ano a ano en habitantes e casas de moderna fasquía. Hoxe conta con máis de 350 habitantes. Alí se ergueu o monumento ao gaiteiro galego en lembranza dos ilustres músicos e gaiteiros de Soutelo e do resto de Galicia.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada